Dominique Jones
Dominique O'Neal Jones, nado o 15 de outubro de 1988 en Lake Wales, Florida, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Jilin Northeast Tigers da Chinese Basketball Association (CBA).
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1988 (36 anos) Lake Wales, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade do Sur de Florida Lake Wales High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 98 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Memphis Grizzlies, 25º (24 de xuño de 2010) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarUniversidade
editarJones entrou na USF e xogou de inicio en todos os partidos na primeira tempada. Fixo 17,1 puntos por partido, con 4,6 rebotes e 2,8 asistencias. Na súa segunda tempada, mellorou a súa media de anotación (18.1), de rebotes (5.6) e de asistencias (3.9). No seu ano júnior liderou a Big East Conference en anotación con 21,4 puntos, e tamén capturou 6,1 rebotes e repartiu 3,6 asistencias. Anotou o seu maior rexistro da tempada con 46 puntos na vitoria por 109-105 sobre os Providence Friars.[1] USF tivo unha marca de 20–13 e Jones foi escollido no primeiro equipo do All-Big East.
Profesional
editarFoi seleccionado na 25ª posición do draft da NBA de 2010 polos Memphis Grizzlies. Os Grizzlies traspasaron os seus dereitos aos Dallas Mavericks a cambio de preto de 3 millóns de dólares. O 30 de novembro de 2010, os Mavericks mandaron a Jones aos Texas Legends da NBA D-League,[2] e foi chamado de volta en xaneiro de 2011 despois da lesión de Caron Butler. Anotou 9 puntos no seu regreso, na vitoria de Dallas por 104-95 sobre os Cleveland Cavaliers.[3] Unha lesión no pé apartouno por bastante tempo na tempada tras facer 2.3 puntos en 18 partidos.[4]
Notas
editar- ↑ Dominique Jones ESPN.com
- ↑ "Mavs Send Beaubois, Jones To D-League". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 16 de maio de 2011.
- ↑ Mavericks vs. Cavaliers 01/03 boxscore
- ↑ Sefco, Eddie. Mavericks' rookie Dominique Jones to miss significant time with foot injury[Ligazón morta]