Domingo Pellicer

arquitecto español

Domingo Pellicer Daviña, nado en Vigo o 15 de abril de 1949[1] e finado en Pamplona o 7 de xaneiro de 2020,[2][3][4] foi un arquitecto galego, catedrático de construcións da Universidade Politécnica de Madrid e da Universidade de Navarra,[5] e investigador do formigón.

Infotaula de personaDomingo Pellicer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xaneiro de 2020 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Escuela Técnica Superior de Arquitectura (Universidad de Navarra) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2461066

Traxectoria editar

Formación e docencia editar

Tras licenciarse en arquitectura pola Universidade de Navarra (1973), comezou a súa actividade docente impartindo a materia "Construción II". En 1977 doutorouse coa tese Tecnología de los Hormigones Estructurales. Dende 1978, ocupou diversos cargos académicos: director de estudos da Escola Técnica Superior de Arquitectura (1978-1982); subdirector da Escola (1982-1994),[6] e director do departamento de Edificación.[7]

Posteriormente, continuou a traballar como profesor nas escolas de arquitectura de Sevilla, A Coruña e Madrid, onde gañou a cátedra de construcións arquitectónicas en 1986.[8] De regreso a Pamplona, continuou co seu labor docente ata a súa xubilación en 2019.

Investigación editar

Desenvolveu varios proxectos de investigación sobre construción con formigón, algúns deles centrados no formigón fabricado en Navarra.[9]

Obra arquitectónica editar

Ademais da súa actividade docente, Pellicer dedicouse profesionalmente ao campo da edificación. Concretamente dsenvolveu vivendas, tanto colectivas como unifamiliares, edificios destinados á docencia e naves industriais. En Bilbao, participou como consultor na edificación do Museo Guggenheim e na rehabilitación do colexio Luis Briñas,[10] ademais de intervir na reparación do frontón de Gernika-Lumo.

Vida persoal editar

Casado con Blanca, o matrimonio tivo seis fillos: Blanca, María Eugenia, Teresa, Jesús, Diego e Javier.[6]

Publicacións editar

Arquitectura editar

Publicou, entre outras, as seguintes monografías:

  • El hormigón armado en la construcción arquitectónica (Tomo I e Tomo II), Madrid, Bellisco, 2010, 850 pp. Coedición con Cristina Sanz Larrea.
  • Principios de construcción de estructuras, Pamplona, Ulzama, 2010, 289 pp.
  • El ladrillo cerámico en la construcción arquitectónica, Madrid, Dossat, 2009, 340 pp. Coedición con Ana Sánchez-Ostiz.
  • Construcción de estructuras metálicas, Madrid, Bellisco, 2002.
  • Revestimientos y pinturas, Madrid, CIE Dossat 2000, 2003, 232 pp.
  • Pavimentos, Madrid, CIE Dossat 2000, [2003], 228 pp.
  • Este Coirós, quién viene siendo?: (cartas a un invasor sobre la perversión de la arquitectura), Pamplona, EUNSA, 1986, 175 pp.

Outros temas editar

  • Gaudeámonos, hijitos, maio-novembro, 2015, 115 p.
  • Mascarada, maio-novembro, 2013, 87 p.
  • Cuentos y cuentecillos, 2012, 76 pp.
  • Evaristo y el fantasma y otros cuentos, Pamplona, ed. do autor, 2012, 111 pp.
  • De obispos y de meigas, Sant Joan Despí, Barcelona, Puerta con Puerta, 2010, 476 pp. Obra sobre o Camiño de Santiago.[11]

Notas editar

  1. "12320 ORDEN de 5 de abril de 1979 por la que se nombra Profesor adjunto de Universidad, disciplina del grupo XX, .Construcción 11. (Escuela Técnica Superior de Arquitectura), en virtud de concurso-oposición". Boletín Oficial del Estado: Gaceta de Madrid (114): 10744. 12 de maio de 1979. Consultado o 9 de xaneiro de 2020. 
  2. P., E. (9 de xaneiro de 2020). "Fallece el arquitecto vigués Domingo Pellicer, catedrático en la Universidad de Navarra". Faro de Vigo (Vigo). Consultado o 9 de xaneiro de 2020. [Ligazón morta]
  3. "Fallece el arquitecto Domingo Pellicer, catedrático de la Universidad de Navarra". Diario de Navarra (en castelán). 8 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  4. "Fallece el arquitecto gallego Domingo Pellicer, docente de referencia en Navarra y reputado investigador sobre el hormigón". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  5. Redacción (8 de xaneiro de 2020). "Fallece Domingo Pellicer, arquitecto y catedrático de la Universidad de Navarra: "Hizo de la Escuela, su casa"". Navarra.com (Pamplona). Consultado o 9 de xaneiro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 Gutiérrez, Miguel Ángel (13 de xaneiro de 2020). "Domingo Pellicer, Arquitecto y catedrático de la Universidad de Navarra". Diario de Navarra (Pamplona). p. 66. 
  7. Redacción (8 de xaneiro de 2020). "Fallece el arquitecto Domingo Pellicer, catedrático de Construcciones de la Universidad de Navarra". Agencia Europa Press (Pamplona). Consultado o 9 de xaneiro de 2020. 
  8. Agencia EFE (9 de xaneiro de 2020). "Adiós a Domingo Pellicer, prolífico arquitecto y estudioso del hormigón". La Voz de Galicia (A Coruña). Consultado o 9 de xaneiro de 2020. 
  9. Dirección General de Política Científica (1986). "Escuela Técnica Superior de Arquitectura. Universidad de Navarra". En Ministerio de Educación y Ciencia. Secretaría de Estado de Universidades e Investigación. Recursos humanos en investigación y desarrollo. volumen I: Universidades y CSIC (en castelán) I. Madrid: Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia. p. 489. ISBN 8436913086. Consultado o 9 de xaneiro de 2020. 
  10. "IES Luis Briñas". Bilbaopedia: Enciclopedia del Bilbao metropolitano. Bilbao. 2014. Consultado o 9 de enero de 2020. 
  11. Redacción (8 de xaneiro de 2020). "Fallece el arquitecto Domingo Pellicer, catedrático de la Universidad de Navarra". Diario de Navarra (Pamplona). Consultado o 9 de xaneiro de 2020.