A dombra en Uzbekistán e Taxiquistán, dambura ou danbura en Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán[1] e dumbira en idioma bashkir e tártaro é un tipo de laúde de pescozo longo en forma de pera popular nas nacións de Asia Central e moi utilizado tamén en Casaquistán e Kirguizistán. Ten dúas cordas, feitas tradicionalmente con tendón animal, aínda que as modernas son de nailon. Ten catorce trastes no seu diapasón.

Dombra.

Patrimonio inmaterial

editar
 
Dombra mongol, tamén de dúas cordas, pero con tipoloxía e xeito de tocar, con arco, diferentes.

A actuación en solitario (kuy) da dombra kasaca foi designada como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO o 26 de novembro de 2014.[2]

editar
 
Arslanbek Sultanbekov tocando dombra.

Este instrumento pasou a formar parte dun fenómeno de Internet despois de que un videoclip de SuperStar KZ, fose publicado en YouTube. O vídeo inclúe dous concursantes cantando e un terceiro cantando e tocando a dombra (Ernar Kaldynov). O nome da canción orixinal é Freestailo de R.Lizer, un home kasaco.[3][4]

Dombra como instrumento estase a popularizar a través de Dombyra Parties, un movemento de mocidade de flash mob organizado a través das redes sociais.

  1. "Wesleyan - Teahouse music". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2009. 
  2. "Diez nuevos elementos en la Lista representativa del patrimonio cultural inmaterial" (en castelán). Unescopress. 26 de novembro de 2014. Consultado o 1 de decembro de 2014. 
  3. "superstar kz". Consultado o 2023-02-19. 
  4. "Freestylo Live High Quality Stereo Superstar.kz 4". Consultado o 2023-02-19. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.