Domando a fera

filme de 1938 dirixido por Howard Hawks

Domando a fera (en inglés: Bring Up Baby) é un filme estadounidense dirixido por Howard Hawks que se estreou en 1938. Emitiuse subtitulado en galego a través da TVG o 22 de maio de 2016.[2]

Domando a fera
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalBringing Up Baby
DirectorHoward Hawks
ProdutorCliff Reid
Howard Hawks
GuiónDudley Nichols
Hagar Wilde
IntérpretesCary Grant
Katharine Hepburn
May Robson
Charles Ruggles
Walter Catlett
Barry Fitzgerald
MúsicaRoy Webb
Jimmy McHugh
DistribuidoraMGM
Estrea16 de febreiro de 1938 (San Francisco)[1]
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Orzamento$1 096 796.23
Recadación$1 109 000
Na rede
IMDB: tt0029947 Filmaffinity: 290267 Allocine: 939 Rottentomatoes: m/bringing_up_baby Mojo: bringingupbaby Allmovie: v7142 TCM: 568 Metacritic: movie/bringing-up-baby TV.com: movies/bringing-up-baby Netlix: 60027939Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

David Huxley (Cary Grant) é un paleontólogo de vida pacífica, que ten como maior preocupación rematar a montaxe do esqueleto dun brontosauro ao que lle falta un óso. Está a piques de casar cunha muller de personalidade ríxida e ademais ten que dar boa impresión a Mrs. Random, unha rica muller que está pensando en facer unha xenerosa doazón ao seu museo. Porén, o día anterior á súa voda, David coñece a Susan Vance (Katharine Hepburn), unha moza aloucada que resulta ser a sobriña de Mrs. Random.

O irmán de Susan, Mark, envioulle dende Brasil un leopardo domesticado chamado "Baby", para que ela o entregue á súa tía. Susan confunde a David cun zoólogo e obrígao a que a acompañe á súa casa de campo para facerse cargo de Baby. A situación complícase cando Susan comprende que está namorada de David e decide retelo para evitar que case. Ademais, o can de Susan rouba e enterro o último óso do brontosauro de David e este deixa solto por erro outro leopardo dun circo próximo.

Personaxes editar

Repercusión editar

Domando a fera foi un fracaso rotundo de público, o que provocou que Howard Hawks fose apartado da dirección do que ía ser o seu seguinte filme, Gunga Din, tamén con Cary Grant, e obrigou a Hepburn a pagar a súa parte do contrato. Porén, a medida que pasaron os anos o filme obtivo cada vez máis atención, ata converterse nun clásico da comedia.

En 1990 Domando a fera foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América como "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[3] Na listaxe dos cen mellores filmes confeccionada polo American Film Institute en 1997 ocupou o posto 96.

Notas editar

  1. Hanson 1993, p. 235.
  2. La Voz de Galicia, 21 de maio de 2016. Páx. 54
  3. Complete National Film Registry Listing

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar