División de Honra de Rugby 2023-2024

57 edición da División de Honor de Rugby de España

A tempada 2023-2024 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 57ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra de Rugby 2023-2024
TipoDivisión de Honra de Rugby Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2023-2024 Editar o valor en Wikidata
Número de edición57 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoValladolid Rugby Asociación Club Editar o valor en Wikidata

2022 Editar o valor en Wikidata

Formato de competición

editar

O torneo está formado por tres fases. A primeira fase consiste nunha liga a unha volta na que cada equipo xoga once encontros, un contra cada equipo rival. Cando remata esta primeira fase os seis primeiros equipos da táboa pasan á segunda fase dentro do Grupo A, e os seis últimos equipos da táboa pasan á segunda fase dentro do Grupo B. Na segunda fase cada equipo xoga cinco encontros, un contra cada equipo do seu grupo. Trala segunda fase os seis equipos do Grupo A e os dous mellores equipos do Grupo B se clasifican para cuartos de final, o último equipo do Grupo B perde a categoría, e o penúltimo equipo do Grupo B ten que disputar a promoción contra o segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.

Sistema de puntuación

editar
  • Cada vitoria suma 4 puntos.
  • Cada empate suma 2 puntos.
  • O equipo que gaña o encontro anotando 3 ensaios ou máis que o rival acada un punto bonus.
  • O equipo que perde o encontro por unha diferenza de 7 tantos ou menos acada un punto bonus.

Criterio de desempate

editar

No caso de que dous ou máis equipos estean empatados a puntos cando remate a primeira fase, os criterios de desempate serán os seguintes:

  • 1º - Maior número de partidos gañados
  • 2º - Maior diferenza entre tantos anotados e tantos encaixados

Primeira fase

editar

A primeira fase da División de Honra comezou o 1 de outubro de 2023 e rematou o 27 de xaneiro de 2024. Contou con once xornadas de competición nas que cada equipo xogou once encontros. Tralo remate da primeira fase todos os equipos xogaron unha vez contra os seus once rivais. Esta primeira fase sirve para separar os seis mellores equipos dos seis peores que competirán pola permanencia na segunda fase.

Táboa

editar
Equipo Puntos PX PG PE PP
1   CD Aparejadores 49 11 10 0 1
2   VRAC 47 11 10 0 1
3   CR Ciencias 32 11 6 1 4
4   C Alcobendas R 28 11 6 0 5
5   UE Santboiana 28 11 6 1 4
6   CR El Salvador 24 11 5 1 5
7   CR Cisneros 19 11 4 0 7
8   FC Barcelona 19 11 4 0 7
9   Ordizia RE 18 11 4 0 7
10   CP Les Abelles 16 11 4 1 6
11   Belenos RC 16 11 3 0 8
12   Pozuelo RU 9 11 2 0 9
     Campión de inverno.      Os seis primeiros pasaron ó Grupo A.      Os seis últimos pasaron ó Grupo B.

Segunda fase

editar

Nesta segunda fase da liga cada equipo xogou contra tódolos equipos do seu grupo, tendo cada equipo cinco encontros. Nesta segunda fase da liga non se partía de cero puntos, mantíñanse os puntos acadados por cada equipo durante a primeira fase.

Grupo A

editar
Equipo Puntos PX PG PE PP
1   CD Aparejadores 66 16 14 0 2
2   VRAC 61* 16* 13* 0 3
3   CR Ciencias 45* 16* 9 1 6*
4   CR El Salvador 39 16 8 1 7
5   C Alcobendas R 34 16 7 0 9
6   UE Santboiana 33 16 7 1 8
     Clasificados para Cuartos de Final.
  • Fonte: ferugby.es VRAC e Ciencias non se enfrontaron na derradeira xornada da liga regular por mor dunha incoparecencia do Ciencias producida o 14 de abril de 2024. O comité de disciplina da FER acordou declarar gañador do encontro non disputado ó VRAC por 21-0 e sancionar ó Ciencias con dous puntos.[1]

Grupo B

editar
Equipo Puntos PX PG PE PP
1   CR Cisneros 37 16 8 0 8
2   CP Les Abelles 30 16 7 1 8
3   Ordizia RE 29 16 6 0 10
4   Pozuelo RU 26 16 6 0 10
5   FC Barcelona 26 16 5 0 11
6   Belenos RC 21 16 4 0 12
     Clasificados para Cuartos de Final.      Promoción.      Descenso.

Eliminatorias polo título

editar
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1.   CD Aparejadores  53
  8.   CP Les Abelles  7  
  1.   CD Aparejadores  16
    4.   CR El Salvador  12  
  4.   CR El Salvador  36
  5.   C Alcobendas R  17  
  1.   CD Aparejadores  19
    2.   VRAC  20
  2.   VRAC  30
  7.   CR Cisneros  21  
  2.   VRAC  14
    3.   CR Ciencias  10  
  3.   CR Ciencias  37
  6.   UE Santboiana  15  


A final da División de Honra tivo lugar no campo de San Amaro de Burgos o 26 de maio de 2024. Nela enfrontáronse os dous primeiros clasificados da liga regular, que viñan de disputar a final na pasada tempada. O VRAC gañou o encontro por 20 tantos a 19, acadando o seu décimo terceiro título de liga.

Promoción

editar

Como penúltimo clasificado, o FC Barcelona disputou a promoción pola permanencia contra o AD Ingenieros Industriales, subcampión da segunda categoría do rugby nacional. O encontro tivo lugar no Centro Deportivo Municipal Pinares de Venecia de Zaragoza o 25 de maio e o conxunto culé venceu por 34 tantos a 3, conservando deste xeito a súa praza na División de Honra.

Como último clasificado, o Belenos RC perdeu a categoría. A súa praza será ocupada o vindeiro ano polo CR La Vila, campión da División de Honra B.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar