División de Honra B de Rugby 2008-2009

A tempada 2008-2009 da División de Honra B foi a undécima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.

Formato de competición editar

Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España e Madrid.

Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo na que o campión acadou o ascenso directo e o finalista xogou a promoción contra o penúltimo equipo da máxima categoría. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia entre si e os perdedores outra contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular editar

Grupo 1 editar

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º.   Gernika R.T. 65 14 14 0 0 616 187 9
2º.   Hernani C.R.E. 52 14 10 0 4 380 196 12
3º.   Vigo R.C. 45 14 10 0 4 306 194 5
4º.   B.U.C. 35 14 7 0 7 342 324 7
5º.   Durango R.T. 30 14 6 0 8 260 252 6
6º.   Oviedo R.C. 27 14 5 0 9 316 421 7
7º.   C.A. San Sebastián 15 14 2 0 12 221 443 7
8º.   Belenos R.C. 8 14 2 0 12 158 582 0

Grupo 2 editar

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º.   C.R.A. Portuense 53 14 12 0 2 282 198 5
2º.   C. Alcobendas R. 51 14 11 1 2 297 142 5
3º.   Jaén R.C. 34 14 6 0 8 259 261 10
4º.   Helvetia Rugby 32 14 6 0 8 249 281 8
5º.   C.R. Liceo Francés 31 14 6 1 7 243 264 5
6º.   C.R. Cisneros 30 14 6 0 8 231 254 6
7º.   C.A.U. Valencia 22 14 4 0 10 206 283 6
8º.   C.D.U. Málaga 18 14 4 0 10 214 298 2

Fase de ascenso editar

  Semifinais Final
               
 
   C.R.A. Portuense 14 32  
   Hernani C.R.E. 17 22  
 
 
       C.R.A. Portuense 10
     Gernika R.T. 37
 
   Gernika R.T. 20 18
   C. Alcobendas R. 20 13  

O campión da categoría foi o Gernika Rugby Taldea, que acadou o ascenso directo á División de Honra. O finalista At.Portuense caeu na promoción contra o Les Abelles nos dous encontros de ida (20-24) e volta (8-0), de xeito que o equipo valenciano acadou a permanencia.
CAU Valencia e Málaga acadaron a permanencia batendo nas eliminatorias de promoción ó Belenos e ó CAR Cáceres no caso do CAU Valencia, e ó At.San Sebastián e ó Hercesa no caso do Málaga.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar