División de Honra B de Rugby 2003-2004

A tempada 2003-2004 da División de Honra B foi a sexta edición da segunda competición de liga do rugby en España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.

Formato de competición editar

Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.

Os dez equipos participantes foron o ADUS, Arquitectura, Ciencias, Oviedo e BUC participantes na edición anterior; o CAU Valencia e Cisneros descendidos da División de Honra; e o Independiente e Ordizia ascendidos da Primeira Nacional.

A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.

Clasificación editar

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC
1º.   C.R. Ciencias 27 18 13 1 4 585 278
2º.   C.D. Arquitectura 24 18 11 2 5 443 382
3º.   Ordizia R.E. 23 18 11 1 6 487 321
4º.   Oviedo R.C. 20 18 10 0 8 312 370
5º.   A.D.U.S. 19 18 9 1 8 368 344
6º.   C.A.R. 15 18 7 1 10 333 426
7º.   B.U.C. 14 18 7 0 11 350 393
8º.   C.R. Cisneros 14 18 7 0 11 396 417
9º.   Independiente R.C. 14 18 7 0 11 289 461
10º.   C.A.U. Valencia 10 18 5 0 13 276 447

O campión da categoría foi o Club de Rugby Ciencias.
Na promoción o CAU Valencia superou ó CRAT coruñés acadando así a permanencia, mentres que o Independiente renunciou a disputala contra o UCAM de Murcia, perdendo a categoría.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar