Distrito de Riga

Coordenadas: 56°56′56″N 24°06′23″L / 56.94889, -24.10639

Distrito de Riga
Rīgas rajons
(1991-2009)
Latvia-Riga.png
Topónimo oficial Rīgas rajons
País Letonia
Superficie 3 132 km²
Fundación 1991
Extinción 2009
Poboación:  
 - Total 156 883 (2006)
 - Densidade 46,09 hab./km²

Riga (en letón: Rīgas rajons) é un antigo distrito de Letonia (anteriormente condado de Riga).

A súa capital era a cidade de Riga.

O disrito ou condado limitaba co golfo de Riga ao norte e, no sentido antihorario, cos distritos de Tumkuns, Jelgava, Bauska, Ogre, Cēsis e Limbaži.

O de Riga era un dos maiores distritos de Letonia, posuía unha grande importancia estratéxica, sendo o distrito coas mellores infraestruturas e o motor económico do país.

XeografíaEditar

 
Paisaxe

O distrito de Riga ocupaba unha extensión de 3 132 km².

No ano 2006 tiña unha poboación de 156 883 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 46,09 hab./km²

Existen 132 lagos no distrito, sendo os maiores: Babītes ezers, Lielais Baltezers, Mazais Baltezers, Dūņu ezers e Lilastes ezers.

O distrito é percorrido por 3 dos maiores ríos de Letonia: o Daugava, o Lielupe e o Gauja.

A parte nordeste do antigo distrito de Riga estaba cuberta polos bosques caducifolios máis grandes de Letonia.

O Parque Nacional de Gauja forma parte destes bosques e conta con máis de 900 especies de plantas, 48 de mamíferos e 149 de aves..[2]

HistoriaEditar

Neste distrito situouse un dos primeiros asentamentos humanos antigos que datan do século IX a.C. Ao longo do tempo, as localidades do distrito de Riga tiveron o seu rexurdimento, e tamén diminucións causadas por guerras e disturbios. Esta terra foi ocupada por cruzados alemáns e os exércitos suecos, polaco-lituanos, saxóns, alemáns e rusos. Máis de 300 monumentos de importancia cultural e histórica que figuran na lista de protección do patrimonio cultural fálannos dos feitos máis importantes da historia local. As razóns do rápido desenvolvemento do distrito de Riga pódense encontrar na súa posición xeográfica, os recursos humanos e naturais e o rico patrimonio cultural e histórico. Polas mesmas razóns esta rexión foi valiosa para o turismo, o lecer e as viaxes de negocios.

Tras a reforma territorial que entrou en vigor o 1 de xullo de 2009, os distritos de Letonia foron eliminados, e o país dividiuse en 110 municipios (en letón, novadi) e 9 cidades republicanas (en letón, Republikas pilsētas), cada unha coa sú apropia administración.[3]

CidadesEditar

As cidades de Riga e Jūrmala atópanse no interior do distrito, porén, posúen administracións independentes de seu. Alén destas cidades, as maiores son:

NotasEditar

  1. "RESIDENT POPULATION BY REGION, CITY AND DISTRICT AT THE BEGINNING OF THE YEAR". csb.gov.lv. Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2009. Consultado o 10 de febreiro de 2022.. 
  2. "Gauja National Park". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2008. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  3. Rajonu pašvaldību reorganizācijas likums (Lei Distrital de Reordenación da Administración Local). Consultada o 10 de febreiro de 2022.

Véxase taménEditar

Outros aritigosEditar

Ligazóns externasEditar