Dionisio Quintillán Cardesín
Dionisio Quintillán Cardesín, nado en Sorribas (Forcarei) e finado en Poio o 20 de decembro de 1960, foi un agrarista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Forcarei, España |
Morte | 20 de decembro de 1960 Poio, España |
Alcalde de Poio | |
1924 – valor descoñecido | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de actividade | 1924 - |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
De ideoloxía republicano-socialista e defensor do redencionismo, percorreu Galicia para concienciar aos labregos contra os foros. Afincouse a comezos dos anos vinte en Poio, onde foi secretario municipal. Presidiu a Sociedade La Redención de Poio, foi secretario da Sociedad de Obreros y Agricultores de Poio (1921). No IV Congreso Provincial Agrario celebrado en Ponteareas en xullo de 1919, defendeu o abolicionismo. Foi elixido deputado provincial en 1921. Foi detido o 11 de agosto de 1921 xunto coa directiva da sociedade agraria de Poio a causa da explosión dunha bomba na casa do procurador Rivas en Porta Santa,[1] aínda que foron postos en liberdade o día 15.[2] Dirixiu O Castrove e colaborou en Nueva Aurora e noutros periódicos galegos e españois con artigos sobre temática agraria. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Poio en xullo de 1924.[3][4] Foi nomeado recadador de arbitrios e depositario do Concello de Poio en 1929. Participou na campaña do Estatuto de Autonomía en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido como recadador de arbitrios e depositario do Concello de Poio o 7 de agosto. Foi detido en setembro,[5] salvou a vida grazas á intervención dos mercedarios do convento de Poio, estivo preso primeiro en Pontevedra e despois foi deportado a Ribadavia ata 1941. Procesado por malversación de fondos do concello de Poio e xulgado na Audiencia de Pontevedra o 30 de setembro de 1938,[6] foi absolto.[7] Foi expedientado por responsabilidades políticas.[8]
Predecesor: ? |
Alcalde de Poio 1924 - ? |
Sucesor: ? |
Vida persoal editar
Era irmán de Francisco Quintillán Cardesín e pai de Dionisio Quintillán Rey.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Pereira, Dionisio (2010). Verbo Xido, ed. As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei. Cerdedo. p. 29. Consultado o 11 de outubro de 2012.
- Pereira, Dionisio (2006). Verbo Xido, ed. "A saga dos Quintillán de Sorribas". Verbo Xido (14/15).
Ligazóns externas editar
- Dionisio Quintillán Cardesín na páxina web Nomes e Voces.