Diego Alfonsín
Diego Alfonsín Rivero, nado en Tui o 16 de abril de 1980, é un escritor e profesor galego.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1980 (44 anos) Tui, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, mestre |
Traxectoria
editarEstudou no CEIP de Pazos de Reis[1] e secundaria no IES San Paio. No ano 2004 licenciouse en Filoloxía Galega (Universidade de Vigo) despois de cursar un curso académico na Universidade Nova de Lisboa. Posteriormente realizou estudos de Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid, durante os cales recibiu unha bolsa para cursar un semestre na Universidade de São Paulo.
Entre 2008 e 2016 viviu en Alemaña, onde traballou como lector de galego e de español nas universidades de Heidelberg, Mannheim e Aquisgrán.[2] Colaborou en Sermos Galiza.[3]
Traballa como profesor no ensino secundario en Galicia.
Publicacións
editarPublicacións en lingua galega
editar- Non o saben as estrelas (2018). Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-9121-429-8.[4][5] ePub: ISBN 978-84-9121-432-8.[6][7]
Publicacións en lingua castelá
editar- Premios Tarabela: 2004 (2004). Concejalía de Cultura, Ayuntamiento de San Miguel de Abona. 242 páxs. ISBN 8493383120.[8]
- Cuando ella no está (2014). Fundación Max Aub. 39 páxs. ISBN 978-84-95418-91-3. Contos.
- Lenta demolición (2015). Ed. Turpial. 128 páxs. ISBN 978-84-95157-85-0.
- Heidelberg y otros relatos (2018). Ed. Contrabando. 122 páxs. ISBN 978-84-947776-6-0. Son catro relatos.[9]
- Libro de notas (2022). Ed. Contrabando. 140 páxs. ISBN 978-84-124473-4-7.
Recoñecementos
editar2014: Gañador do XXVIII Premio Internacional de Cuentos Max Aub.[10]
2015: Gañador do I Premio literario Miguel de Unamuno por Lenta demolición[11] obra da que un xurado presidido pola escritora Marta Sanz salientou "a atmosfera de misterio que vai envolvendo unha trama chea de suxestións, elipses portentosas e fermosas metáforas, onde destaca unha impecable imbricación entre o discurso literario e o diálogo indirecto”.[12]
2017: Gañador da XXIV edición do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey por Non o saben as estrelas, da que o xurado destacou "a orixinalidade temática e o carácter innovador dun texto de lectura engaiolante e capacidade envolvente".[13]
Notas
editar- ↑ "Visita do escritor Diego Alfonsín Rivero. CEIP de Pazos de Reis". www.edu.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Ficha do autor". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Artigo de opinión - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". www.sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ Eiré, Xosé Manuel (2019-01-16). "crítica de NON O SABEN AS ESTRELAS (Diego Alfonsín, Xerais)". Ferradura en Tránsito II (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Diego Alfonsín. NOVENOITES". novenoites. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Ficha do libro". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Diego Alfonsín: “Vivir fóra fíxome ser moito máis crítico, comigo e co país, e reparar mellor nas cousas”". praza.gal. Consultado o 06/02/2018.
- ↑ "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España -". catalogo.bne.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Ediciones Contrabando - Heidelberg y otros relatos. Diego Alfonsín". www.edicionescontrabando.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-06.
- ↑ mabacam (2014-06-09). "XXVIII Edición Premio Internacional de Cuentos Max Aub". ACADEMIA DE LA PLAZUELA (en castelán). Consultado o 2019-02-06.
- ↑ Canarias7 (2015-03-04). "Diego Alfonsín Rivero gana el premio de novela corta Miguel de Unamuno". www.canarias7.es (en castelán). Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "La novela ‘Lenta Demolición’, de Diego Alfonsín Rivero, gana el I Certamen Literario Miguel de Unamuno. Cabildo" (en castelán). Consultado o 2019-04-24.
- ↑ "El tudense Diego Alfonsín gana el premio Lueiro con su novela "Non o saben as estrelas"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-02-06.