Abrir o menú principal

Diccionario gallego-castellano (1913)

O Diccionario gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 12.463 voces coas definicións en castelán publicado pola Real Academia Galega en fascículos entre 1913 e 1928 sen se completar, chegando tan só ata a palabra cativo.

ElaboraciónEditar

O dicionario elaborouno César Vaamonde Lores[1], cun criterio de autoridade, constituíndo o primeiro dicionario galego que se preocupou pola modernización da lingua[2] e non só por recoller formas usadas. Publicáronse 26 fascículos de 16 páxinas cada un, interrompéndose no número 27 por falta de fondos e por disensións internas no seo da RAG, malia que houbo iniciativas para continualo e mesmo en 1956[3] chegou a se anunciar a publicación dun novo fascículo que nunca saíu do prelo. O dicionario tiña eivas notables, así case a totalidade das entradas e dos exemplos do galego antigo baséanse en edicións defectuosas[4] e a súa estrutura proviña do Diccionario de la Lengua Castellana da Real Academia Española[5], aínda que se tivo en conta tamén o Grande Diccionário Portuguéz de Domingos Vieira.

NotasEditar

  1. Ricardo Carballo Calero Gramática elemental del gallego común. Galaxia, 6ª ed., 1976, páxina 40
  2. Antón Santamarina Norma e estándar en Henrique Monteagudo (ed). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, 1995, páxina 83
  3. Benigno Fernández Salgado The First Galician Academic Dictionary and his Theoretical Blackground en History of Linguistics 1996:Seventh International Conference on the History of the Language Sciences. Volume 2, John Benjamins Publishing Company, 1999, páxina 344
  4. Antón Santamarina Los diccionarios gallegos y su versión electrónica en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, 2006, páxina 199
  5. Benigno Fernández Salgado Os rudimentos da lingüística galega: un estudio de textos lingüísticos galegos de principios do século XX, 1913-1936. Verba. Anexo 47. Universidade de Santiago de Compostela, 2000, páxina 265