Determinación do sexo X0
O sistema de determinación do sexo X0 (xe-cero) é o modo en que se determina o sexo da descendencia entre os seguintes grupos de invertebrados e uns poucos peixes:
- A maioría dos arácnidos[1] coa excepción da maioría dos ácaros que son haplodiploides.[2]
- Case todos os insectos apterigotos e paleópteros, (por exemplo, as libélulas e lepismas)
- A maioría dos insectos exopterigotos, (por exemplo, saltóns, grilos e cascudas)
- Algúns nematodos,[1] crustáceos,[1] moluscos gasterópodos[3] e uns poucos peixes óseos,[4] especialmente os do xénero Ancistrus.[5]
Neste sistema hai só un cromosoma sexual, denominado X. Os machos teñen só un cromosoma X (son X0), mentres que as femias teñen dous (son XX). O cero (ás veces aparece escrito menos apropiadamente como a letra O) indica a carencia do segundo cromosoma X. Os gametos maternos (óvulos) sempre conteñen un cromosoma X, polo que o sexo da descendencia destes animais depende de se o gameto masculino (espermatozoide) porta un cromosoma X ou non. Se o espermatozoide que realizou a fecundación non levaba ningún cromosoma X, nace un macho.
Existe unha variante deste sistema na que a maioría dos individuos teñen dous cromosomas sexuais (XX) pero son hermafroditas, producindo tanto óvulos coma espermatozoides, cos cales poden fecundarse a si mesmos, mentres que só hai uns poucos individuos que son machos e teñen só un cromosoma X (X0). O organismo modelo Caenorhabditis elegans (un nematodo) é un bo exemplo deste tipo de organismos.
Algunhas especies de mosca Drosophila teñen machos X0.[6] Pénsase que se orixinaron pola perda do cromosoma Y, que estas moscas normalmente teñen, aínda que nelas a determinación do sexo é pola proporción entre os cromosomas X e os autosomas.[7]
Partenoxénese
editarNos sistemas de determinación do sexo X0 pode haber partenoxénese, que se produce por medio de diferentes mecanismos que orixinan machos ou femias, por exemplo en áfidos.[8]
En humanos
editarNos humanos pode darse o caso de que un individuo teña un só cromosoma X como único membro do par de cromosomas sexuais, polo que se di que é un individuo X0. Isto é un trastorno chamado síndrome de Turner e non é a forma de determinar o sexo nos humanos, os cales utilizan o sistema XY, no que os XX son mulleres e os XY homes. Os individuos con síndrome de Turner xeralmente presentan un aspecto feminino, pero acompañado de diversas anomalías e trazos característicos e son estériles.
En certos roedores
editarUn pequeno número de roedores teñen un sistema similar ao X0, xa que perderon o seu cromosoma Y. Entre eles están Tokudaia osimensis e Tokudaia tokunoshimensis. Ademais os roedores Ellobius presentan unha forma de determinación X0 na que ambos os sexos carecen dun segundo cromosoma sexual.[9] [10] O seu mecanismo de determinación sexual non se coñece aínda.[11]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Bull, James J.; Evolution of sex determining mechanisms; p. 17 ISBN 0805304002
- ↑ Bachtrog, Doris; Mank, Judith E.; Peichel, Catherine L.; Kirkpatrick, Mark; Otto, Sarah P.; Ashman, Tia-Lynn; Hahn, Matthew W.; Kitano, Jun; Mayrose, Itay; Ming, Ray; Perrin, Nicolas; Ross, Laura; Valenzuela, Nicole; Vamosi, Jana C. and The Tree of Sex Consortium; ‘Sex Determination: Why So Many Ways of Doing It?’; PLoS Biol12(7): e1001899
- ↑ Thirot-Quiévreux, Catherine; ‘Advances in Chromosomal Studies of Gastropod Molluscs’; Journal of Molluscan Studies, vol. 69 (2003), pp. 187-201
- ↑ Devlin, R.H. and Y. Nagahama, 2002. ‘Sex determination and sex differentiation in fish: an overview of genetic, physiological, and environmental influences’; Aquaculture 208: 191–364.
- ↑ Anderson, Luís Alves; Oliveira, Claudio; Nirchio, Mauro; Granado, Ángel and Foresti, Fausto; ‘Karyotypic relationships among the tribes of Hypostominae (Siluriformes: Loricariidae) with description of XO sex chromosome system in a Neotropical fish species’; Genetica, vol. 128 (2006); pp. 1-9
- ↑ Patterson, J. T.; Stone, W. S. (1952). Evolution in the Genus Drosophila. New York: Macmillan.
- ↑ Carvalho AB (December 2002). "Origin and evolution of the Drosophila Y chromosome". Current Opinion in Genetics & Development 12 (6): 664–8. PMID 12433579. doi:10.1016/S0959-437X(02)00356-8.
- ↑ Hales, Dinah F.; Alex C. C. Wilson; Mathew A. Sloane; Jean-Christophe Simon; Jean-François Legallic; Paul Sunnucks (2002). "Lack of Detectable Genetic Recombination on the X Chromosome During the Parthenogenetic Production of Female and Male Aphids". Genetics Research 79 (03): 203–209. doi:10.1017/S0016672302005657.
- ↑ Chandra, H.S. (1999-04-25). "Another way of looking at the enigma of sex determination in Ellobius lutescens". Current Science 76 (8): 1072.
- ↑ Just W, Baumstark A, Süss A, Graphodatsky A, Rens W, Schäfer N, Bakloushinskaya I, Hameister H, Vogel W. Ellobius lutescens: sex determination and sex chromosome. Sex Dev. 2007;1(4):211-21. PMID 18391532. [1]
- ↑ Kuroiwa A, Handa S, Nishiyama C, Chiba E, Yamada F, Abe S, Matsuda Y (2011-06-08). "Additional copies of CBX2 in the genomes of males of mammals lacking SRY, the Amami spiny rat (Tokudaia osimensis) and the Tokunoshima spiny rat (Tokudaia tokunoshimensis).". Chromosome Res 19: 635–44. PMID 21656076. doi:10.1007/s10577-011-9223-6.