Detective Pikachu (videoxogo)

videoxogo de 2018

Detective Pikachu (名探偵ピカチュウ Meitantei Pikachū?) (coñecido no Xapón como Great Detective Pikachu) é un videoxogo de aventuras desenvolvido por Creatures Inc., publicado por The Pokémon Company, e distribuído por Nintendo para Nintendo 3DS. O xogo é un spin-off da franquía Pokémon, no que os xogadores traballan cun Pikachu parlante para solucionar varios misterios. Unha versión descargable e máis curta do xogo, chamado Great Detective Pikachu: Birth of a New Duo (名探偵ピカチュウ 〜新コンビ誕生〜 Meitantei Pikachū ~Shin Konbi Tanjō~?) estreouse no Xapón en febreiro de 2016, mentres que a versión completa estreouse internacionalmente en marzo de 2018.

Detective Pikachu
Desenvolvedor(es)Creatures
Distribuidora(s)Nintendo
The Pokémon Company
Director(es)Naoki Miyashita
Produtor(es)Hiroyuki
Hitoshi Yamagami
Artista(s)Masataka Hata
LanzamentoBirth of a New Duo
3 de febreiro de 2016
Detective Pikachu
Internacional: 23 de marzo de 2018
XéneroAventuras
Modos de xogoUn xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Nintendo 3DS
SeriePokémon
Na rede
http://www.pokemon.co.jp/ex/TANTEI-PIKA/ e https://detectivepikachu.pokemon.com/en-us/
editar datos en Wikidata ]

En contraste cos anteriores xogos de rol de Pokémon, Detective Pikachu é un spin-off de aventuras que se centra na narrativa, cunha presentación comparable coa serie de anime Pokémon.[1] A adaptación cinematográfica estreouse en maio de 2019. Ese mesmo ano, anunciouse unha secuela para Nintendo Switch.

  1. Phillips, Tom (16 de marzo de 2018). "Detective Pikachu sees Pokémon fully embrace its anime heritage". Eurogamer. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar