Pokémon (anime)

serie anime xaponesa

Pokémon (ポケモン Pokémon?), abreviado do título xaponés Pocket Monsters (ポケットモンスター Poketto Monsutā?), é unha serie de televisión anime que forma parte da franquía Pokémon de The Pokémon Company, e que se estreou orixinalmente no Xapón o 1 de abril de 1997 a través de TV Tokyo.

Pokémon
ポケモン
FormatoAnime, aventuras e fantasía[1][2]
Desenvolvido por
  • OLM, Inc.
  • Team Ota (1997–2006)
  • Team Iguchi (2006–2009)
  • Team Kato (2010–presente)
Dirixido por
  • Kunihiko Yuyama (Director xefe: First Series – SM)
  • Masamitsu Hidaka (First Series; AG #1–158)
  • Norihiko Sudō (AG #170, DP, BW)
  • Yūji Asada (Diamond & Pearl #171–193)
  • Tetsuo Yajima (XY)
  • Daiki Tomiyasu (Deputy Director: XY #94–123; Director: XY #124, #141–142; SM; Chief Director: PM2019 #1-presente)
  • Maki Kodaira (Deputy Director: SM #52–146; Director: PM2019 #1–54)
  • Jun Owada (Director: PM2019 #55-presente)
País de orixe Xapón
Lingua(s)Xaponés
Episodios1.277
Emisión orixinal
Canle de orixeTXN (TV Tokyo)
Primeira emisión1 de abril de 1997
Na rede
https://www.pokemon.com/us/pokemon-episodes/ e https://www.tv-tokyo.co.jp/anime/pokemon/
IMDB: tt0168366 Allocine: 4438 Netlix: 70038554Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A franquía anime consta de sete series secuenciais no Xapón, cada unha delas baseada nos principais títulos da serie de videoxogos de Pokémon. Nas retransmisións internacionais, a serie está dividida en 25 tempadas de televisión.[3] A serie segue a Ash Ketchum, un mozo adestrador de criaturas chamadas Pokémon. Xunto co seu compañeiro Pikachu, Ash viaxa por diferentes rexións para converterse nun "mestre Pokémon" e competir en torneos de loita coñecidos como Liga Pokémon.

Está considerada como unha das primeiras series de anime en ter un éxito masivo entre as audiencias occidentais,[4][5] ademais de considerarse que fixo aumentar a popularidade dos xogos, e vice versa.[6][7] Pokémon é considerada como a adaptación de videoxogos con máis éxito de tódolos tempos,[8] con máis de 1 000 episodios emitidos, retransmisións en 169 países, e unha das series de maior éxito de Netflix no ano 2016.[9]

Trama editar

Ao cumprir dez anos, Ash Ketchum (Satoshi no Xapón), un neno que soña con chegar a ser un Mestre Pokémon, pode finalmente comezar a súa viaxe na busca do seu soño. Porén, queda durmido o día que tiña que recibir o seu primeiro Pokémon e, ao chegar tarde ao laboratorio do Profesor Oak, descobre que todos os Pokémon iniciais (Bulbasaur, Charmander e Squirtle) xa foran escollidos por outros adestradores. Entón, o Profesor dille que hai outro Pokémon, un Pikachu, ó cal non lle gusta estar na súa Pokébola e é moi teimudo. Así, ignorando os avisos, Ash acéptao e comeza a súa viaxe. Tras seren atacados por unha banda salvaxe de Spearow, e logo de que Ash protexe a Pikachu dos Pokémon furiosos, Pikachu entende que el é o seu adestrador e fanse amigos. Despois destes acontecementos, eles ven un Pokémon misterioso voando e iso fai que Ash queira máis que nunca realizar o seu obxectivo de ser un Mestre Pokémon.

Ao longo da súa viaxe, Ash fai novos amigos, tanto humanos como Pokémon, que o axudan no seu camiño cara a Liga Pokémon. Na rexión de Kanto, Ash coñece a Líder de Ximnasio de Cerulean, Misty (Kasumi), e o líder do Ximnasio de Pewter, Brock (Takeshi). Eles sempre acaban cos plans do trío do Team Rocket, formado por Jessie, James e Meowth, que queren roubar o Pikachu de Ash e outros Pokémon raros e, con ese obxectivo, seguen a Ash a todas as partes. Cando Ash e Misty viaxan ás Orange Islands, desa vez sen Brock, son acompañados polo observador de Pokémon Tracey (Kenji). Despois dun tempo, eles reencóntranse de novo con Brock e seguen a súa viaxe na rexión Johto.

Cando Ash decide ir á rexión Hoenn, Misty opta por quedar no Ximnasio de Cerulean. Porén, el coñece novos compañeiros: May (Haruka) e Max (Masato), o irmán máis novo dela. Xuntos, enfróntanse ó Equipo Magma e Aqua. Despois, regresa a Kanto para participar na Battle Frontier e decide ir con Brock á rexión Sinnoh, mentres May e Max seguen os seus propios camiños. Na nova aventura, eles coñecen a Dawn (Hikari) que viaxa con eles á rexión de Sinnoh, onde se enfrontan a Cyrus e o Equipo Galatica.

Tras despedirse de Dawn e Brock, Ash, a súa nai e o Profesor Oak deciden viaxar a rexión de Unova onde Ash coñece a Iris e Cilan (Dent) e comeza a viaxar cos dous. Descobren os terribles plans do Equipo Plasma, unha organización criminal que queren facerse cos Pokémon para dominar o mundo sen oposición. Tras participar na Liga Pokémon de Unova, Ash, Iris e Cilan comezan a prepararse para o Torneo Mundial Pokémon e, nese tempo, coñecen a N, que é un instrumento fundamental para derrotar o Equipo Plasma. Despois diso, eles viaxan polas Illas Decolore a camiño da Cidade de Pallete e coñecen a reporteira investigativa Alexa, que é da rexión Kalos. Mentres Iris e Cilan deciden ir a Johto, Ash e Alexa parten para a rexión de Kalos.

Logo de que Alexa saiba que a súa irmá, unha líder de Ximnasio, está desaparecida, Ash decide viaxar a Cidade de Lumiose, onde coñece o neno-xenio Clemont (Citron) líder do Ximnasio de Lumiose - un feito que el tenta ocultar e a súa irmá máis nova, Bonnie (Eureka). Ash tamén comeza a viaxar con Serena, unha rapaza da Cidade de Vaniville e a amiga de infancia del.

Media editar

Serie de televisión editar

No Xapón, Pokémon é transmitido como sete series secuenciais, cada unha delas baseada nos principais videoxogos da serie. O anime emítese de maneira continua durante todo o ano, con emisións regulares para eventos deportivos e especiais de televisión. Na súa retransmisión internacional, os episodios de Pokémon foron divididos en 23 tempadas cun número fixo de episodios e usando unha carátula de inicio específica co subtítulo de cada tempada.

A sétima e actual tempada da serie titúlase Pocket Monsters (ポケットモンスター Poketto Monsutā?) no Xapón e Pokémon Journeys: The Series internacionalmente; estreouse orixinalmente no Xapón o 17 de novembro de 2019.

Tempada Episodios Emisión orixinal
Inicio Final
  1 Indigo League 82 1 de abril de 1997 21 de xaneiro de 1999
  2 Adventures in the Orange Islands 36 28 de xaneiro de 1999 7 de outubro de 1999
  3 The Johto Journeys 41 14 de outubro de 1999 27 de xullo de 2000
  4 Johto League Champions 52 3 de agosto de 2000 2 de agosto de 2001
  5 Master Quest 65 9 de agosto de 2001 14 de novembro de 2002
  6 Advanced 40 21 de novembro de 2002 28 de agosto de 2003
  7 Advanced Challenge 52 4 de setembro de 2003 2 de setembro de 2004
  8 Advanced Battle 54 9 de setembro de 2004 29 de setembro de 2005
  9 Battle Frontier 47 6 de outubro de 2005 14 de setembro de 2006
  10 Diamond and Pearl 52 28 de setembro de 2006 25 de outubro de 2007
  11 Diamond and Pearl: Battle Dimension 52 8 de novembro de 2007 4 de decembro de 2008
  12 Diamond and Pearl: Galactic Battles 53 4 de decembro de 2008 24 de decembro de 2009
  13 Diamond and Pearl: Sinnoh League Victors 34 7 de xaneiro de 2010 9 de setembro de 2010
  14 Black & White 50 23 de setembro de 2010 15 de setembro de 2011
  15 Black & White: Rival Destinies 49 22 de setembro de 2011 4 de outubro de 2012
  16 Black & White: Adventures in Unova 49 11 de outubro de 2012 26 de setembro de 2013
  17 XY 48 17 de outubro de 2013 30 de outubro de 2014
  18 XY: Kalos Quest 45 13 de novembro de 2014 22 de outubro de 2015
  19 XYZ 47 29 de outubro de 2015 27 de outubro de 2016
  20 Sun & Moon 43 17 de novembro de 2016 21 de setembro de 2017
  21 Sun & Moon: Ultra Adventures 49 5 de outubro de 2017 14 de outubro de 2018
  22 Sun & Moon: Ultra Legends 54 21 de outubro de 2018 3 de outubro de 2019
  23 Journeys 48 17 de outubro de 2019 4 de decembro de 2020
  24 Master Journeys 42 11 de decembro de 2020 10 de decembro de 2021
  25 Ultimate Journeys 38 17 de decembro de 2021 presente

Filmes editar

Véxase tamén: Lista de filmes de Pokémon.

O ano de lanzamento correspóndese co lanzamento orixinal no Xapón.

  1. Pokémon: The First Movie—Mewtwo Strikes Back (1998)
  2. Pokémon: The Movie 2000—The Power of One (1999)
  3. Pokémon 3: The Movie—Spell of the Unown (2000)
  4. Pokémon 4Ever—Celebi: Voice of the Forest (2001)
  5. Pokémon Heroes (2002)
  6. Pokémon: Jirachi Wish Maker (2003)
  7. Pokémon: Destiny Deoxys (2004)
  8. Pokémon: Lucario and the Mystery of Mew (2005)
  9. Pokémon Ranger and the Temple of the Sea (2006)
  10. Pokémon: The Rise of Darkrai (2007)
  11. Pokémon: Giratina and the Sky Warrior (2008)
  12. Pokémon: Arceus and the Jewel of Life (2009)
  13. Pokémon: Zoroark: Master of Illusions (2010)
  14. Pokémon the Movie: Black—Victini and Reshiram &
    Pokémon the Movie: White—Victini and Zekrom
    (2011)
  15. Pokémon the Movie: Kyurem vs. the Sword of Justice (2012)
  16. Pokémon the Movie: Genesect and the Legend Awakened (2013)
  17. Pokémon the Movie: Diancie and the Cocoon of Destruction (2014)
  18. Pokémon the Movie: Hoopa and the Clash of Ages (2015)
  19. Pokémon the Movie: Volcanion and the Mechanical Marvel (2016)
  20. Pokémon the Movie: I Choose You! (2017)
  21. Pokémon the Movie: The Power of Us (2018)
  22. Pokémon: Mewtwo Strikes Back—Evolution (2019)
  23. Pokémon the Movie: Secrets of the Jungle (2020)

Especiais editar

Ademais da serie principal e os filmes, o anime tamén conta con varios especiais de longa duración e curtas de televisión. Moitos destes especiais centráronse en Pokémon lendarios ou un ou máis dos personaxes principais que están separados o elenco principal durante a súa serie correspondente, mentres que os episodios secundarios posteriores feitos esporadicamente transmítense polo xeral como episodios especiais.

Spin-offs editar

Pokémon Chronicles editar

Véxase tamén: Pokémon Chronicles.

Pokémon Chronicles é un spin-off que conta as historias que dos personaxes secundarios do anime. A maioría dos episodios de Chronicles foron tomados do que no Xapón se coñece como Pocket Monsters Side Stories (ポケットモンスターサイドストーリー Poketto Monsutā Saido Sutōrī?), os cales forman parte da Weekly Pokémon Broadcasting Station. As demais partes da serie compóñense dos especiais The Legend of Thunder e Pikachu's Winter Vacation.

Pokémon Origins editar

Véxase tamén: Pokémon Origins.

Pokémon Origins é un especial de TV que se estreou en TV Tokyo o 2 de outubro de 2013 e baséase na historia orixinal dos xogos Pokémon Red e Blue.[10][11][12]

Notas editar

  1. "Pokémon Manga & and not an anime". Viz Media. Consultado o 29 de abril de 2019. 
  2. Stephenson, Brad. "What is Pokemon?". pokemon.com/us/. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2015. 
  3. Porter, Rick. "Netflix Snags Rights to 'Pokémon' Animated Series". The Hollywood Reporter. Consultado o 23 de abril de 2020. 
  4. "The 'Pokemon' Anime Is Still Great After All These Years". Inverse. Consultado o 2017-05-19. 
  5. Chua-Eoan, Howard; Larimer, Tim (1999-11-14). "Beware of the Pokemania". Time. ISSN 0040-781X. Consultado o 2017-05-19. 
  6. Bailey, Kat. "Why the Pokemon Anime is the Most Successful Adaptation of a Videogame Ever". USgamer (en inglés). Consultado o 2017-05-19. 
  7. "How the Pokémon cartoon and games form one of media's best symbiotic relationships". VentureBeat. 2016-03-02. Consultado o 2017-05-19. 
  8. "Why the Pokemon Anime is the Most Successful Adaptation of a Videogame Ever". USgamer (en inglés). 17 de novembro de 2016. 
  9. "Business Summary". The Pokémon Company. marzo de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  10. "『赤・緑』の世界が蘇る! TVアニメ『ポケットモンスター ジ・オリジン』、10月2日(水)に特別番組として放送決定! |ポケットモンスターオフィシャルサイト". Pokemon.co.jp. 17-08-2013. Arquivado dende o orixinal o 18-08-2013. Consultado o 17-08-2013. 
  11. "電撃 - 【速報】TVアニメ『ポケットモンスター ジ・オリジン』が10月2日19:00から放送!――『ポケットモンスター赤・緑』を遊んだ人は必見". Dengekionline.com. 2013-08-17. Consultado o 17-08-2013. 
  12. "新アニメ「ポケットモンスター ジ オリジン」はOLM・Production I.G・XEBECの3社合同作品で、『ポケモン赤・緑』が舞台に | インサイド". Inside-games.jp. 17-08-2013. Consultado o 17-08-2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar