O desterro é un castigo polo cal o súbdito ou cidadán perde a súa nacionalidade converténdose nun apátrida. Este tipo de medida legal estaba por baixo da pena de morte na consideración popular. Actualmente este tipo de pena xa non existe debido aos problemas causados no dereito internacional cando o Estado receptor do acusado non o quere no seu territorio, aínda que se mantivo no dereito de varios países como Brasil ata finais dos 80 do século XX.

Esta medida serviu para desfacerse de inimigos políticos durante centos de anos, diferenciándose da deportación en que nese caso o castigo alcanza etnias ou nacionalidades enteiras. O caso do exilio tamén é diferente, xa que nel o individuo foxe do país natal por razóns políticas xa sexan obrigado ou por estar en desacordo co seu goberno, como o caso das desafeccións na URSS.

Historia

editar

En España a pena de desterro atópase xa na Idade Media: nas partidas de Afonxo X amósase o castigo de desterro ás illas. Nos códigos penais do século XIX volve aparecer, a mediados e finais do XIX os desterrados ou deportados eran enviados a lugares illados, como as colonias penitenciarias en ultramar así como os penais de Ceuta e Melilla ao igual que facían Francia (que deportaba criminais e presos políticos a lugares como a Illa do Demo) e Inglaterra (que enviaba convictos a Australia). Durante a Guerra dos Dez Anos (1868-1878), na que Cuba intentoue independizarse de España, o Capitán Xeneral Dulce tivo que deportar incluso a membros da facción "españolista" a Fernando Poo debido aos motíns causados por eles contra a súa autoridade.[1]

Durante o franquismo esta pena dirixiuse contra persoas como xenerais monárquicos e algúns do chamado contubernio de Múnic, desterrados ás illas Canarias. Esta pena mantívose no código penal ata hai pouco e actualmente foi substituída pola de orde de afastamento que priva do dereito a residir ou permanecer en diversos lugares tanto de forma provisional ou cautelar.[Cómpre referencia]

Desterros famosos

editar
  1. "España y la armada en las guerras de Cuba" Carlos Vila Miranda ed Fundación Alvargonzález. 1984.