François Villon
François de Montcorbier ou de Loges, chamado François Villon nado en París en 1431 ou 1432 e desaparecido en 1463 foi un poeta francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) François de Montcorbier 1431 París, Francia |
Morte | 1463 (31/32 anos) Francia |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | poeta, letrista, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Q17358205 Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
A súa creación máis célebre é Ballade des pendus, escrita cando esperaba a súa execución na forca.
Os datos sobre a vida de François Villon son incertos: díxose del que era un marxinal e quen tratou de seguir o seu itinerario e estudar a súa obra descríbeno como o máis ilustre e xenuíno precursor da poesía maldita. Foi encarcerado nalgunha ocasión.
Traxectoria
editarVillon naceu en abril de 1431 ou 1432 e, segundo se coñece polos rexistros da universidade da Sorbona e polos arquivos xudiciais, o seu verdadeiro nome foi François de Montcorbier.[1][2] O seu pai, probablemente orixinario dunha aldea da Borgoña, deixou a provincia para establecerse na capital. A súa nai, nacida en Berry ou en Anjou, quedou viúva cando Villon era aínda moi pequeno. Por motivos descoñecidos a nai confioulle o neno ao mestre Guillaume de Villon, cóengo e capelán de Saint-Benoît-le-Bétourné, cuxo apelido adoptou en proba de gratitude. Estudou na facultade de Arte, pero tras obter unha licenciatura, descoida o estudo para correr detrás da aventura.
A partir desta época, a súa vida terá por pano de fondo a guerra dos Cen Anos e o seu cortexo de brutalidades, fame negra e epidemias. Acusado de asasinar o relixioso Philippe Sermoise, o seu rival en amores, foi obrigado a fuxir de París, pero obtivo o perdón en xaneiro de 1456. Pouco despois participa no roubo do Colexio de Navarra.
Entre 1456 e 1461, proseguiu as súas andanzas polo val do Loira, e foi encarcerado no verán de 1461, aínda que liberado algúns meses máis tarde con ocasión dunha visita de Lois XI.
De volta a París, escribiu Le Testament e foi arrestado unha vez máis en 1462. Foi torturado e condenado á forca, mais o xuízo foi casado en apelación en xaneiro de 1463. A pena foi conmutada por dez anos de desterro de París e a partir deste episodio perdeuse o seu rastro.
A súa obra
editarVillon non renovou a poesía do seu tempo, senón que deu unha nova vida a motivos herdados da cultura medieval que el coñecía á perfección e animounos coa súa propia e orixinal personalidade. Así, deu volta ao ideal cortés, inverteu os valores admitidos celebrando as xentes destinadas ao patíbulo, entregouse á descrición burlesca ou ás bromas subidas de ton, e multiplicou as innovacións na linguaxe. A estreita relación que Villon estableceu entre os sucesos da súa propia vida e a súa poesía levouno a deixar igualmente que a tristeza e a melancolía se apoderasen dos seus versos. Le Testament (1461), que é considerada como a súa obra capital, inscríbese como unha prolongación do Le Lais (1456), ao que se chama comunmente, o "pequeno testamento". Ese longo poema de 2023 versos está marcado pola angustia da morte á que o propio Villon acababa de ser condenado e recorre, cunha singular ambigüidade, a unha mestura de reflexións sobre o tempo, amargas chanzas, invectivas e fervor relixioso. Esta combinación de tons contribúe a dar á obra de Villon unha sinceridade patética que a singulariza respecto da dos seus predecesores.
Villon, ignorado polo seu tempo, foi redescuberto no século XVI antes de que Marot o publicase.
Obra
editarEsta listaxe adoita poñerse en cuestión, aumentada con poemas que pasan a ser considerados da súa autoría e diminuída con outros que deixan de considerarse. As obras que aparecen seguen a cronoloxía estipulada por Gert Pinkernell e parece a máis coherente, aínda que algunhas non están datadas con certeza. Os títulos son os da edición da Livre de Poche Poésies Complètes, editada e comentada por Claude Thiry.
- Ballade des contre vérités (1455 ?–1456 ?, París)
- Le Lais (1457, París)
- Épître à Marie d'Orléans (comezo de 1458, Blois)
- Double ballade (comezo de 1458, Blois)
- Ballade des contradictions (comezo de 1458, Blois)
- Ballade franco-latine (comezo de 1458, Blois)
- Ballade des proverbes (outubro-novembro de 1458, Vendôme)
- Ballade des menus propos (outubro-novembro de 1458, Vendôme)
- Épître à ses amis (verán de 1461, Meung-sur-Loire)
- Débat du cuer et du corps de Villon (verán de 1461, Meung-sur-Loire)
- Ballade contre les ennemis de la France (final de 1461, Meung-sur-Loire)
- Requeste au prince (final de 1461, Meung-sur-Loire)
- Le Testament (1461). Incluíndo:
- Ballade des dames du temps jadis
- Ballade des seigneurs du temps jadis
- Ballade en vieux langage françois
- Les regrets de la belle Heaulmiere
- Ballade de la Belle Heaulmière aux filles de joie
- Double ballade sur le mesme propos
- Ballade pour prier Nostre Dame
- Ballade à s'amie
- Lay ou rondeau
- Ballade pour Jean Cotart
- Ballade pour Robert d'Estouteville
- Ballade des langues ennuieuses
- Les Contredits de Franc Gontier
- Ballade des femmes de Paris
- Ballade de la Grosse Margot
- Belle leçon aux enfants perdus
- Ballade de bonne doctrine
- Rondeau ou bergeronnette
- Épitaphe
- Rondeau
- Ballade de conclusion
- Ballade de bon conseil (1462, París)
- Ballade de Fortune (1462, París)
- Ballades en jargon (1462, París)
- Ballade des pendus (final de 1462, París)
- Quatrain (final de 1462, París)
- Louanges à la cour (xaneiro de 1463, París)
- Question au clerc du guichet (xaneiro de 1463, París)
Notas
editar- ↑ Auguste Longnon Étude biographique sur François Villon : d'après les documents inédits conservés aux Archives nationales.
- ↑ Bibl. de l’Université, Registre de la Nation de France, ms. 1, fol. 155. Cf. A. Longnon, Étude biographique sur Villon, páx. 12-13, Gallica.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François Villon |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Balada dos aforcados ou "Epitafio de Villon" en Descontexto
- Esbozo biográfico sobre o poeta (en francés)
- Estudo sobre a obra de Villon[Ligazón morta]