Depresión de Danakil

depresión xeolóxica, parte norte do Triángulo de Afar ou da Depresión de Afar

Coordenadas: 14°14′30″N 40°18′00″L / 14.2417, 40.3

A depresión de Danakil é a parte norte do Triángulo Afar ou da Depresión de Afar que se atopa en Etiopía,[1][2] unha depresión xeolóxica que resultou da diverxencia de tres placas tectónicas no Corno de África.

As augas termais da depresión de Danakil ofrecen unha oportunidade para estudar microbios extremófilos.[1]
Erta Ale en erupción dentro da Depresión de Danakil.

Localización editar

A depresión de Danakil é unha vasta chaira, que se atopa no norte da depresión de Afar de Etiopía, preto da fronteira con Eritrea. Atópase a uns 125 metros por debaixo do nivel do mar e limita polo oeste coa chaira etíope e polo leste cos Alpes Danakil, detrás dos cales está o mar Vermello.[3]

A área foi moitas veces chamada como o berce da humanidade. En 1974, Donald Johanson e os seus compañeiros atoparon o famoso fósil do Australopithecus Lucy, que data de hai 3,2 millóns de anos[4] e moitos outros fósiles antigos de homínidos foron descubertos na área, o cal fixo que algúns paleontólogos propuxesen que a área é o lugar onde os humanos evolucionaron por vez primeira.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Yee, Amy (30 de xaneiro de 2017). New York Times, ed. "Gazing Into Danakil Depression’s Mirror, and Seeing Mars Stare Back". Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  2. Beyene, Alebachew; Abdelsalam, Mohamed G. (2005). "Tectonics of the Afar Depression: A review and synthesis". Journal of African Earth Sciences 41 (1–2): 41–59. doi:10.1016/j.jafrearsci.2005.03.003. 
  3. J.L. Melvin (1991). Evaporites, Petroleum and Mineral Resources. Elsevier. pp. 44–45. ISBN 978-0-08-086964-3. 
  4. Johanson, Donald C.; Blake, Edgar (1996). From Lucy to Language. Simon and Schuster. p. 119. ISBN 9780684810232. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar