Donald Johanson

antropólogo estadounidense

Donald Carl Johanson, nado en Chicago en 1943, é un paleoantropólogo estadounidense, que descubriu en Hadar co seu equipo o 24 de novembro de 1974 o esqueleto parcial dun homínido de 3,18 millóns de anos no Triángulo Afar de Etiopía. Ao esqueleto déuselle o nome de Lucy e actualmente clasifícase como Australopithecus afarensis.

Donald Johanson
Donald Johanson, 2009.jpg
Nacemento28 de xuño de 1943
Lugar de nacementoChicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónCristianismo ortodoxo
Alma máterUniversidade de Chicago, Universidade de Illinois en Urbana-Champaign e Carl Schurz High School
Ocupaciónantropólogo, arqueólogo, prehistoriador, paleoantropólogo, profesor universitario e paleontólogo
PremiosNational Book Award e Emperor Has No Clothes Award
editar datos en Wikidata ]
Prof. Donald Johanson

TraxectoriaEditar

Fillo de inmigrantes suecos, quedou orfo aos dous anos e pasou a infancia en Hartford, Connecticut, aínda que comezou estudando química, cambiou á antropoloxía e estudou con F. Clark Howell. En 1972 visita pola primeira vez o Triángulo Afar, e decide organizar unha expedición paleontolóxica á rexión, na que traballou entre 1973 e 1976 e na que se decubriron importantes fósiles, ademais de Lucy, entre os que destacan os fósiles de 13 individuos que se atoparon xuntos, o que se cre é a máis antiga evidencia de grupo social homínido, e ao que se coñece como a primeira familia.

En 1981 estableceu en Berkeley o Institute of Human Origins, que en 1998 trasladou á Universidade estatal de Arizona