Abrir o menú principal

Coordenadas: 13°36′N 40°40′L / 13.600, -40.667

Erta Ale en maio de 2008.

O volcán Erta Ale (en afar: Ertá’alé ou Irtá’alé, «montaña que fumega») é un volcán en escudo basáltico localizado no Corno de África, na rexión da depresión de Afar, no nordés de Etiopía, sendo o volcán máis activo de devandito país. Atópase na depresión de Danakil, un deserto baldío preto da fronteira con Eritrea e acada unha altura de 613 metros. Considérase en erupción dende 1967.

Situado nunha rexión desértica e de difícil acceso, o Erta Ale non foi obxecto de estudo polos expertos na materia até o século XX, concretamente a finais da década dos 60 e comezos dos 70. Aínda así, xa fora descuberto polos europeos en 1841 e o seu cumio coroado en 1873. Presenta un ou dous lagos de lava no seu cumio, os cales ocasionalmente desbordan cara á ladeira meridional. Salienta por ter un dos lagos de lava máis duradeiros do planeta (con actividade confirmada dende 1967, aínda que puido iniciarse en 1906). A súa escasa elevación débese ó feito de alzarse sobre unha depresión, a depresión de Afar, cuxa base queda por baixo do nivel do mar.[1]

Os habitantes da zona apenas se achegan a el xa que consideran que no lugar habitan espíritos malignos que se pasean en cabalo. A situación remota, nunha zona baldía e pouco poboada, fai que o seguimento da súa actividade sexa escaso. Hai evidencia de explosións nos últimos 150 anos. Moitas erupcións contemporáneas localízanse primeiro mediante o seguimento por satélite das columnas de dióxido de xofre e compróbanse posteriormente con testemuñas sobre o terreo.[2]

ImaxesEditar

NotasEditar

  1. volcano.si.edu/ (ed.). "Erta Ale Continued summit activity and lava flow to the E during April 2018-March 2019". Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  2. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.