De Ninghures

grupo musical galego

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís[1].

De Ninghures
OrixeGalicia Galicia
Período2019–actualidade
Xénero(s)Música tradicional galega
Folk
Selo(s) discográfico(s)Juan de Dios Martín (produtor musical)
MembrosManuel Fernández "Cataqui"
Manuel Lucas
Tomé Mouriño
Adrián Méndez
Marta Álvarez
Aldara Palmeiro
Hadrián García
Antigos membrosEva Bolón
Na rede
Facebook: De-Ninghures/100040080407640/ Instagram: deninghures Youtube: UCetbSWiK3Snszwm1GlgWIXw Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Actuación do grupo na Foliada da Fonsagrada de 2022.

En 2019 resultaron vencedores da V edición Novos Valores, vinculada ao Festigal[2]. Así mesmo, en 2022 foron finalistas do Proxecto Runas, organizado polo Festival de Ortigueira[3].

Actuaron no Atlantic Fest como parte da programación de xullo de 2023, en agosto no Festival de la Luz ou o Tradfest compostelán, entre outros.

A nivel estatal, participaron no V aniversario da Casa de Galicia en Santurtzi; na celebración do Día Nacional de Galicia en Euskadi, concretamente en Sestao; na XXXIV Fiesta de los Pueblos en Laudio (Áraba); e mais, en 2021, na II Polavila de Santalla d’Oscos, en Santalla de Ozcos (Asturias).

Participaron en 2023 en Sonemerxente[4], dependente da AGADIC e da Fundación Paideia Galiza. Ese mesmo ano foron seleccionados para o proxecto de coworking de emprendemento musical, desenvolvido novamente pola Fundación Paideia[5].

Asemade, foron seleccionados xunto con outros nove proxectos, para participar no Focus Galicia 2023 organizado pola AGADIC [6]

No ano 2024 gañan o premio aRi[t]mar á mellor canción galega do ano 2023[7] co seu tema Morena. Tamén levarán por toda a xeografía galega, xunto con festivais como o 40º Festival Internacional de Folk de Getxo[8], o seu espectáculo "Aquí".

Na actualidade, publicaron varios sinxelos como Corazón Alionado ou A Burriña, que son a carta de presentación do novo traballo que verá a luz a comezos do 2025.

Discografía

editar
  • AQUÍ[9][10], 2022, Estudios Abrigueiro, con Arturo Vaquero[11]
  • MAL.PICA[12], 2023, Centro Xove da Almáciga, con Juan Garrido e mestura e máster Estudio Terraforma, con Ibán Pérez
  • EP OLLIÑOS NEGROS (FUME E ALENTO)[13], 2023, Estudio Terraforma, con Ibán Pérez
  • MORENA, 2023, Estudios Mans[1], con Juan de Dios Martín[14]
  • POÇO, 2024, Laboratorio Soyuz, con Hevi e máster Jammin Masters, con Cem Oral[15]
  • CORAZÓN ALIONADO, 2024, Casadiós, con Juan de Dios Martín[16]
  • A BURRIÑA, 2024, Casadiós, con Juan de Dios Martín[17]
  1. Laura Veiga (14 de outubro de 2022). ""Procuramos fusionar a música tradicional galega con ritmos como os de Latinoamérica"". Nós Diario. 
  2. "Tocar no Festigal é verbalizar o imaxinado", entrevista e Tomé Mouriño, membro da banda.
  3. Ficha do grupo, festivaldeortigueira.com.
  4. Somerxente.gal, aceledora de proxectos musicais en galicia
  5. Lapela "Formación en emprendemento musical", paideia.es (en castelán)
  6. "Focus Galicia inicia a súa axenda de concertos, visitas culturais e reunións para lles achegar a riqueza da nosa música a 25 axentes de 13 países | AGADIC". industriasculturais.xunta.gal. Consultado o 2023-11-25. 
  7. Admin (2024-04-02). "De Ninghures gaña o premio aRi[t]mar á Mellor Música do Ano na Galiza, nunha edición que establece un novo récord de participación ao achegarse aos 10.000 votos". aRi[t]mar. Consultado o 2024-12-18. 
  8. "De Ninghures | Getxo Kultura". getxo-kultura.eus (en castelán). Consultado o 2024-12-18. 
  9. A xira de presentación do álbum encomezou na sala Malatesta de Santiago de Compostela e proseguiu nos meses sucesivos con actuacións no Festival da Luz, o Atlantic Fest ou o TradFest.
  10. Ficha, BNE (en castelán).
  11. Disco, Galiciantunes.com.
  12. "DE NINGHURES - Mal ◊ Pica". Consultado o 2023-11-25. 
  13. "Baldaio e a antiga estación de troles de Carballo, en vídeoclip con De Ninghures". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-11-25. 
  14. Redacción (2023-10-20). "La banda gallega De Ninghures vuelve con 'Morena'". Festivalea (en castelán). Consultado o 2023-11-25. 
  15. "De Ninghures publica "Poço": un convite ao baile, á festa e á foliada". Vinte. 2024-07-08. Consultado o 2024-12-18. 
  16. Admin (2024-11-21). "De Ninghures estrena «Corazón Alionado», primer avance de su nuevo álbum - cool coruña" (en castelán). Consultado o 2024-12-18. 
  17. "De Ninghures estrea mañá, martes 17, ‘A Burriña’, o segundo adianto do seu novo traballo discográfico - 21NOTICIAS" (en castelán). 2024-12-16. Consultado o 2024-12-18. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar