David Fernández Calviño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
David Fernández Calviño, nado en Puga (Toén) en 1979, é un científico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Toén, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria
editarVeciño de Puga, é Enxeñeiro Técnico Agrícola pola Universidade de Vigo e Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose pola Universidade de Vigo e obtendo a cualificación de sobresaínte Cum Laude. Traballou como investigador e profesor na Universidade de Vigo, colaborando como investigador convidado no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia en Compostela, no Instituto de Ciencias Agrarias do CSIC en Madrid e na Universidade de Lund (Suecia). Actualmente traballa na Universidade de Copenhaguen en Dinamarca.
Foi presidente da Comunidade de Montes A Fenteira, pertencente ós veciños da parroquia de Puga dende novembro de 2000 a xaneiro do 2013.
Foi membro das candidaturas do BNG no concello de Toén nos anos 2003, 2007 e 2011, sendo concelleiro en distintos períodos. Abandonou o BNG en febreiro de 2012 xunto con outros compañeiros. Foi militante de Anova - Irmandade Nacionalista dende a súa asemblea constituínte.
En 2012 foi candidato de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense e foi elixido deputado. En novembro de 2013 dimitiu por ir a traballar como investigador a Dinamarca. O seu escano foi ocupado por Carmen Iglesias Sueiro que foi suspendida de militancia de Esquerda Unida por non ceder a favor dun compañeiro de ANOVA.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia arquivado dende o orixinal, 30 de xuño de 2013.