Carmen Iglesias Sueiro
Carmen Iglesias Sueiro, nada en Ourense en 1952, é unha mestra e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 ![]() Ourense, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Familia | |
Irmáns | Gonzalo Iglesias Sueiro ![]() |
Traxectoria
editarCarmen Iglesias naceu no seo dunha familia de represaliados de esquerdas que rexentaban unha escola privada na cidade de Ourense. Estudou Maxisterio e traballou de docente, ao tempo que militaba no PCG e na súa coalición electoral Esquerda Unida.
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, Carmen Iglesias presentouse de número dous na coalición electoral AGE pola circunscrición de Ourense, que conformaban varios partidos, entre eles Anova e Esquerda Unida. Non saíu escollida deputada en primeira instancia, pero a renuncia posterior de David Fernández, deputado de Anova, permitiulle a Carmen Iglesias ocupar un escano. Tanto Esquerda Unida como Anova acordaran, supostamente, que o escano pasaría ao seguinte deputado de Anova (neste caso, Iolanda Pérez Docampo), pero Carmen Iglesias negou a existencia dese acordo e prometeu o seu cargo como deputada[1]. Despois de tensións en Esquerda Unida e en Anova, Carmen Iglesias incorporouse como deputada ao grupo parlamentario de AGE. Despois formou parte do Grupo Mixto do Parlamento Galego, como única deputada do mesmo.
Vida persoal
editarÉ irmá de Gonzalo Iglesias Sueiro, quen fora alcalde de Xinzo de Limia polo PSdeG-PSOE.
Notas
editar- ↑ A renuncia de David Fernández Calviño remexe AGE Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 26/12/2013