Darrun Hilliard

baloncestista estadounidense

Darrun Hilliard II, nado o 13 de abril de 1993 en Bethlehem, Pensilvania, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Tel Aviv BC da Ligat HaAl israelí.

Darrun Hilliard
Maccabi Tel Aviv  – No. 13
Información persoal
Nacemento 13 de abril de 1993 (30 anos)
Bethlehem, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
Instituto Liberty (Bethlehem, Pennsylvania)
Universidade Villanova (2011–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 2 / Elección: 38
Por Detroit Pistons
Carreira dende 2015
Historial de equipos

Detroit Pistons (2015–2017)
Grand Rapids Drive (2015; 2017)
San Antonio Spurs (2017–2018)
Austin Spurs (2017–2018)
Baskonia (2018–2019)
CSKA Moscova (2019–2021)
Bayern München (2021–2022)
Maccabi Tel Aviv (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 25 de xuño de 2015, Hilliard foi seleccionado na 38ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Detroit Pistons.[1] Tras facer 9.3 puntos por encontro na Liga de Verán de Orlando, o 20 de xullo de 2015 asinou un contrato de tres anos cos Pistons.[2]

O 11 de setembro de 2017, Hilliard asinou cos San Antonio Spurs.[3]

O 13 de agosto de 2018, Hilliard asinou un contrato dun ano co Saski Baskonia da Liga ACB.[4]

O 3 de xullo de 2019, Hilliard asinou un contrato dun ano co PBC CSKA Moscova da VTB United League.[5]

O 16 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Hilliard por unha tempada polo FC Bayern München da Basketball Bundesliga.[6]

Notas editar

  1. "Villanova’s Hilliard brings versatility, savvy, shooting to Pistons perimeter". NBA.com. 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  2. "Detroit Pistons Sign Second-Round Pick Darrun Hilliard". NBA.com. 20 de xullo de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  3. "Spurs sign Darrun Hilliard to two-way contract". NBA.com. 11 de setembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  4. "Darrun Hilliard refuerza el perímetro azulgrana - Saski Baskonia". Saski Baskonia. 13 de agosto de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  5. Darrun Hilliard también ficha por el CSKA
  6. "Darrun Hilliard signs with Bayern Munich". Sportando. 16 de xullo de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar