Danny Lohner

músico estadounidense

Daniel Patrick Lohner, nado o 3 de decembro de 1970 en Corpus Christi, Texas, é un músico de rock que toca o baixo, a guitarra e os teclados. Traballou con Trent Reznor en numerosas ocasións, na banda Nine Inch Nails e no proxecto Tapeworm. Tamén tocou en Killing Joke, Methods of Mayhem e foi un dos membros fundadores da xa disolta banda de industrial-trash Skrew, así como da banda texana de thrash metal Angkor Wat.

Modelo:BiografíaDanny Lohner
Biografía
Nacemento(en) Daniel Patrick Lohner Editar o valor en Wikidata
13 de decembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Corpus Christi, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesRenholder Editar o valor en Wikidata
EducaciónRichard King High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, compositor, guitarrista, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoHard rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, baixo e teclado Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0517893 Facebook: dannylohner Musicbrainz: 136b2664-686f-4ae4-acf9-6f34446636d4 Discogs: 53650 Allmusic: mn0000673536 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nine Inch Nails

editar

En 1994, Trent Reznor levou a Lohner a Nine Inch Nails para tocar a guitarra, o baixo e os teclados para a súa banda ao vivo. Lohner quedou na banda durante a xira de The Downward Spiral, estivo nas gravacións e xira de The Fragile, no álbum ao vivo/DVD And All That Could Have Been e na gravación do EP Still. Lohner deixou Nine Inch Nails de maneira amigable para centrarse na produción cando Trent Reznor comezou a traballar no álbum With Teeth. Lohner realizou varias remesturas para NIN durante este tempo, e aparece nas gravacións dos temas da banda "Big Man With A Gun", "Somewhat Damaged", "Even Deeper", "The Great Below" e varias cancións de Still, ademais de interpretar varios instrumentos nos temas de And All That Could Have Been.

Marilyn Manson

editar

Lohner colaborou no álbum de Marilyn Manson Antichrist Superstar, debido á relación entre Brian Warner e Trent Reznor. Lohner pode ser escoitado tocando a guitarra acústica no tema "The Reflecting God".

Ademais fixo remesturas para varios artistas baixo o seudónimo Renholdër ("re:d.lohner" ao revés), como no tema do mesmo nome de A Perfect Circle, no seu álbum Mer de Noms. El apareceu en todos os álbums de A Perfect Circle dun xeito ou doutro, e tocou coa banda durante un tempo.

Durante o ano 2003 Lohner traballou con Richard Patrick de Filter, Wes Borland de Limp Bizkit e From First to Last, e Josh Freese de A Perfect Circle, nun proxecto chamado The Damning Well. Gravaron 14 temas, pero só un deles sería editado como parte da película Underworld, titulado "Awakening.


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.