Dani Vivian

futbolista español
(Redirección desde «Daniel Vivian Moreno»)

Daniel Vivian Moreno, nado en Vitoria o 5 de xullo de 1999, é un futbolista español que xoga como defensa central no Athletic de Bilbao e na selección española.

Infotaula de personaDani Vivian
Biografía
Nacemento(es) Daniel Vivian Moreno Editar o valor em Wikidata
5 de xullo de 1999 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor em Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2016-2018 Club Deportivo Baskonia 44(0)
2017-2020 Bilbao Athletic 48(4)
2020-2021cesión Club Deportivo Mirandés 32(2)
2021- Athletic Club 103(3) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2019-   País Vasco 1(0)
2024-   España 2(0) Editar o valor em Wikidata

UEFA: 250194503 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Naveu na cidade vasca de Vitoria, sendo fillo dun galego da parroquia de Berrande, en Vilardevós, e dunha toledana de Talavera de la Reina.[1] Fomouse como futbolista nas canteiras do San Viator, o Deportivo Alavés, o Lakua e o Ariznabarra antes de fichar polo Santutxu en 2015. No equipo xuvenil do club bilbaíno tivo como adestrador ao futbolista Ibai Gómez.[2]

En xuño de 2016 incorporouse ao Athletic de Bilbao, sendo inicialmente asignado ao Basconia, da Tercera División. Co segundo filial do Athletic disputou 44 partidos oficiais ao longo de dúas tempadas. Para a tempada 2018/19 subiu ao Bilbao Athletic, da Segunda División B, onde se fixo axiña coa titularidade ás ordes de Gaizka Garitano.

En agosto de 2020 renovou o seu contrato ata 2023 e foi inmediatamente cedido ao Mirandés, da Segunda División.[3] Tras unha boa campaña en Miranda de Ebro, no verán de 2021 regresou ao Athletic para formar parte do primeiro equipo.

Debutou en Primeira o 16 de agosto de 2021 nun empate sen goles ante o Elche no Martínez Valero,[4] e o 11 de setembro marcou o seu primeiro gol, nunha vitoria por 2-0 ante o Mallorca en San Mamés, rematando de cabeza un centro de Iker Muniain.[5][6] En febreiro de 2022, tras as súas boas actuacións, o club renovou o seu contrato por catro anos máis.[7][8] O 20 de febreiro de 2022, marcou o gol inicial nun derbi vasco contra a Real Sociedade en San Mamés, que rematou 4-0 a favor dos biscaíños.[9]

Ao comezo da tempada 2023/24, coa marcha de Iñigo Martínez e os problemas físicos de Yeray Álvarez, fixéronse coa titularidade os relativamente inexpertos Vivian e Aitor Paredes (de 24 e 23 anos respectivamente), que formaron unha sólida parella de centrais, contribuíndo ao bo rendemento do equipo.[10] O Athletic conseguiu a clasificación para a Europa League e conquistou a Copa do Rei despois de 40 anos sen logralo, sendo ambos os centrais titulares na final.[11][12][13] En xuño de 2024, asinou un novo contrato ata 2032.[14]

Selección nacional

editar

Debutou coa selección do País Vasco en maio de 2019, nun empate sen goles ante Panamá.[15] O 22 de marzo de 2024 debutou coa selección española nun amigable contra Colombia.[16]

Ese mesmo ano foi un dos 26 seleccionados por Luis de la Fuente para a Eurocopa 2024.[17] Participou en dous partidos do torneo, contra Albania na fase de grupos e contra Francia nas semifinais, e acabou proclamándose campión, aínda que quedou no banco de suplentes na final ante Inglaterra.

Palmarés

editar
Athletic Club
Selección española
  1. "Dani Vivian, defensa del Athletic: «No me pruebes, pero hablo gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 2024. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  2. Ugalde, Iñaki (19 de outubro de 2017). "Del Juvenil C del Santutxu a Lezama hay un paso". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  3. "Vivian loaned to CD Mirandés" (en castelán). 12 de agosto de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  4. Zaballa, Carlos (17 de agosto de 2021). "La enorme satisfacción de Dani Vivian". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  5. Zaballa, Carlos (11 de setembro de 2021). "Día grande para Vivian e Iñaki Williams". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  6. "Del Juvenil C del Santutxu a Lezama hay un paso". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de xullo de 2024. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  7. Velasco, Juanma (4 de febreiro de 2022). "Vivian adelanta a Iñigo Martínez y renueva hasta 2026". Marca (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  8. "Los fichajes Vivian y Javi Jiménez ya lucen la elástica del Mirandés". Marca (en castelán). 26 de agosto de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  9. López, José Luis (21 de febreiro de 2022). "4-0: El Athletic castiga a la Real Sociedad en el derbi vasco". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  10. Zubiaga, Inés (30 de decembro de 2023). "Una defensa reconstruida en el Athletic". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  11. "El Chelsea, atento a la evolución de Paredes". As (en castelán). 7 de xaneiro de 2024. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  12. "Dani Vivian: ‘No one is an obstacle. You see that spirit in Basque football, even in the kids’". The Guardian (en inglés). 4 de abril de 2024. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  13. Reinoso del Real, Mario (7 de abril de 2024). "Celebración del Athletic, campeón de Copa". As (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  14. "Dani Vivian commits to Athletic Club until 2032" (en inglés). 1 de xuñoo de 2024. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  15. "Empate sin goles de la Euskal Selekzioa ante Panamá". As (en castelán). 30 de maio de. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  16. "Españ 0 - 1 Colombia" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  17. "Final Spain squad for the Euro 2024 finals" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2024.