Daniel Ochefu, nado o 15 de decembro de 1993 en Baltimore (Maryland), é un xogador de baloncesto profesional internacional estadounidense con pasaporte nixeriano que xoga cos Ibaraki Robots da B. League xaponesa. Formado na Universidade de Vilanova, cos que conseguiu gañar o campionato da NCAA, xoga na posición de pivote cunha altura de 2,08 m. Internacionalmente compite coa selección de Nixeria, coa cal conseguiu a medalla de prata no Campionato de África da FIBA 2017.

Daniel Ochefu
Axente libre
Información persoal
Nacemento 15 de decembro de 1993 (30 anos)
Baltimore, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos / Nixeria
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 109 kg (190 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto Westtown School (Pensilvania)
Downingtown East (Pensilvania)
Universidade Villanova (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: Sen draftear
Internacional Nixeria Nixeria
Carreira 2016−presente
Historial de equipos
Washington Wizards (2016–2017)
Maine Red Claws (2017)
Windy City Bulls (2017–2018)
Reno Bighorns / Stockton Kings (2018–2019)
Cafés Candelas Breogán (2019)
Ibaraki Robots (2019)
Premios e galardóns
Campión da NCAA (2016)

Traxectoria editar

Nado en Baltimore, Maryland,[1] Ofechu acudiu ao Instituto de Westtown, onde fixo unha media como júnior de 16 puntos e 12 rebotes por partido. Como sénior foi transferido ao Instituto de Downingtown East. Tras finalizar a súa etapa escolar foi clasficado no posto 54 na lista dos 100 mellores xogadores de instituto da ESNPU.[2] A nivel universitario xogou para a Univesidade de Villanova, cos que conseguiu gañar en 2016 o título de campións da NCAA. Entre os seus partidos máis ddestacábeis destacan os 25 puntos na vitoria ante St. John's (73–63) o 13 de febreiro de 2016.[2] Ese mesma temporada recibiu a mención de honra de All-Big East como un dos mellores xogadores da súa conferencia.

Despois de non ser elixido no Draft da NBA de 2016, asinou cos Washington Wizards para a Liga de Verán das Vegas, onde fixo unha media de 1,8 puntos e 2,8 rebotes por partido.[3] Finalmente, o 23 de setembro asina contrato coa franquía.[4] O seu debut na NBA chegou o 27 de outubro no partido inaugural da temporada, onde rexistrou un rebote en catro minutos ante os Atlanta Hawks.[5] Un ano despois, o 9 de outubro, foi curtado polo equipo, asinando día 13 polos Boston Celtics, os cales o asignaron ao seu equipo da G League, os Maine Red Claws. A continuación xoga para outros equipos da mesma competición como os Windy City Bulls e os Stockton Kings.

Estatísticas na NBA editar

Temporada regular editar

Tempada Equipo PX PT MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2016−17 Washington 19 0 3.9 .444 .000 .000 1.2 .2 .1 .0 1.3
Carreira 19 0 3.9 .444 .000 .000 1.2 .2 .1 .0 1.3

Playoffs editar

Tempada Equipo PX PT MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2017 Washington 4 0 1.3 .000 .000 .000 .3 .0 .0 .0 .0
Carreira 4 0 1.3 .000 .000 .000 .3 .0 .0 .0 .0

Notas editar

  1. Donohue, Ed (26 de novembro de 2012). "2012 Villanova Basketball Preview: Daniel Ochefu". VU Hoops (SB Nation). 
  2. 2,0 2,1 "Daniel Ochefu". villanova.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  3. "Wizards' Daniel Ochefu: Struggles in summer league tryout". CBS Sports. 
  4. "Wizards Finalize Training Camp Roster". Wizards Today. Monumental Sports Network. 23 de setembro 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  5. "Wizards at Hawks". NBA.com. 27 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar