Dani Cancela

futbolista español
(Redirección desde «Daniel Cancela Rodríguez»)

Daniel Cancela Rodríguez, coñecido como Dani Cancela, nado na Coruña o 23 de setembro de 1981, é un exfutbolista galego, nacionalizado hongkonés, que xogaba de defensa. Comezou a súa carreira no Fabril, pasando logo polo Fuenlabrada e o Lugo, antes de marchar en 2010 a Hong Kong, onde militou durante 12 anos nas filas do Kitchee SC. Gañou 25 títulos co club, do que foi capitán e do que é o xogador estranxeiro con máis partidos disputados na súa historia.

Modelo:BiografíaDani Cancela

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaHong Kong Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña
2000–2006   Deportivo Fabril
2006–2008   CF Fuenlabrada 61(0)
2008–2010   CD Lugo 38(1)
2010– Kitchee SC
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2017–   Hong Kong

Trala súa naturalización como cidadán do país, foi 15 veces internacional coa selección de Hong Kong.

Traxectoria

editar

Formouse na canteira do Deportivo da Coruña. Na tempada 2000/01 xogou cedido no Malpica e durante os seguintes cinco anos xogou co Fabril en Terceira División.[1][2] Logo xogou dúas tempadas no CF Fuenlabrada e outras dúas no CD Lugo, en ambos os casos na Segunda División B.

En xullo de 2010 tras unha proba frustrada co BK Häcken da Allsvenskan (primeira división sueca),[3] puxo rumbo cara a Hong Kong para fichar polo Kitchee SC, da Primeira División de Hong Kong, onde coincidiu co tamén galego "Chino" Losada.[4] Con este club gañou numerosos títulos durante a seguinte década, entre eles oito ligas, e xogou habitualmente a Liga de Campións da AFC e a Copa da AFC. En 2014 acadou as semifinais da Copa da AFC, onde foron eliminados polo Erbil do Kurdistán iraquí.

Debutou na Liga de Campións o 6 de marzo de 2018, nun partido contra o Kashiwa Reysol no Xapón, que rematou con vitoria pola mínima para o equipo nipón. Con todo, unha semana despois, contra o mesmo equipo, Cancela e o Kitchee lograron a primeira vitoria dun equipo de Hong Kong na historia da Liga de Campións (1-0).[5] En 2022, no día no que o Kitchee disputaba por primeira vez os oitavos de final da Liga de Campións, Cancela converteuse no primeiro xogador estranxeiro na historia do club en acadar os 250 partidos.[6] Pouco despois colgou as botas, despois de 12 anos como xogador do club e con 25 títulos no seu palmarés.

Internacional

editar

En outubro de 2017 recibiu a nacionalidade hongkonesa e ese mesmo mes debutou con 36 anos como internacional coa selección de fútbol de Hong Kong, nun partido amigábel contra a selección de Laos, gañando 4-0.[7][8] Disputou un total de 15 partidos como internacional ata 2019.[9]

Palmarés

editar
Kitchee
  1. "Comeza a tempada do Deportivo B". 19 de xullo de 2001. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  2. "Españoles por el Mundo: entrevistamos a Dani Cancela" (en castelán). 19 de agosto de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  3. "De Lugo a Suecia". El Progreso (en castelán). 7 de xullo de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  4. "Dani Cancela, rumbo a Oriente". El Progreso (en castelán). 23 de xullo de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  5. Manchón, Martín (14 de marzo de 2018). "Cancela, Recio y Tarrés logran la primera victoria de un club de Hong Kong en la historia de la Champions" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  6. "El coruñés Dani Cancela, primer extranjero en alcanzar los 250 partidos con el Kitchee" (en castelán). 19 de agosto de 2022. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  7. "Spanish-born Jorge Tarres condemns violence in Catalonia as he eyes Hong Kong debut in Asian Cup qualifier" (en inglés). 2 de outubro de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  8. "International Friendly Match - Hong Kong 4:0 Laos". Asociación de Fútbol de Hong Kong (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  9. "Dani Cancela". national-football-teams.com (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar