Abrir o menú principal

Dan Eggen, nado o 13 de xaneiro de 1970 en Oslo, Noruega, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de defensa central.

Eggen
Información persoal
Nome completo Dan Eggen
Nacemento 13 de xaneiro de 1970
  Oslo
Nacionalidade Noruega
Altura 1,91 m
Posición Defensa
Carreira xuvenil
FC Lyn Oslo
Årvoll IL
Ready
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990-1993 BK Frem 72 (15)
1993-1997 Brøndby IF 108 (6)
1997-1999 Celta de Vigo 37 (2)
1999-2003 Deportivo Alavés 40 (2)
2003 Rangers FC 0 (0)
2003-2004 Le Mans FC 22 (1)
Selección nacional
1993-2001 Noruega 25 (2)
Adestrador
2009 Kolbotn IL
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

TraxectoriaEditar

Non chegou a debutar profesionalmente en Noruega xa que fichou polos equipos dinamarqueses BK Frem e Brøndby IF, de onde saiu con 27 anos para xogar na Liga Española. Na tempada Primeira división española 1997/98 fichou polo Celta de Vigo, onde xogou dúas tempadas xogando na Copa da UEFA no que sería o seu último ano en Vigo.

Na tempada 1999/00 fichou polo Deportivo Alavés onde militou catro tempadas aínda que nas dúas últimas non disputou ningún encontro a causa das lesións. No ano 2001 o equipo vasco disputou a final da Copa da UEFA ante o Liverpool FC con Eggen no equipo titular, encontro que perdeu por 5-4.

Finalizado o contrato co Alavés entra a proba no Rangers FC, porén non chega a fichar polo equipo e remata no Le Mans FC, onde se retira en 2004.

Unha vez retirado do fútbol introdúcese no mundo da música sendo representante do grupo de rock El caco e saca o carnet de adestrador, dirixindo ao equipo de fútbol feminino Kolbotn IF no ano 2009.

Na selección de fútbolEditar

Foi internacional coa Selección de fútbol de Noruega en 25 ocasións, disputando os Copa do Mundo de Francia 1998 e o de Estados Unidos 1994 e a Eurocopa Bélxica/Países Baixos 2000. É un dos apenas seis internacionais que non chegaron a xogar profesionalmente na Primeira División da Liga de Noruega.

Véxase taménEditar