Día de San David
O día de San David (en galés Dydd Gŵyl Dewi Sant, en inglés o día de San David ) é a festa de San David de Gales, o patrón de Gales, e celébrase o 1 de marzo. Onde haxa comunidades galesas, conmemórase o día, como fan os irlandeses polo día de San Patricio.
Día de San David | |
---|---|
Celebración do Dydd Gŵyl Dewi do 1 de marzo de 2009 co traxe tradicional galés. | |
Tipo | día festivo, día nacional e festividades religiosas |
Propósito | Día da festa nacional |
Nomeado en referencia a | David de Menevia |
En | Gales |
País | Gales |
[ editar datos en Wikidata ] |
A data do primeiro de marzo foi elixida para conmemorar a morte de San David, acontecida o mesmo día do ano 589, e foi declarada festa nacional galesa no transcurso do século XVIII.
Excepcionalmente, a festa cambiou a un día en 2006, o 28 de febreiro para a Igrexa Católica e o 2 de marzo para a Igrexa Anglicana, xa que non se celebran festas de santos o mércores de cinza, día de penitencia).[1]
Unha enquisa de 2006[2] descubriu que o 87% dos galeses quería que o día de San David fose festivo (Bank Holiday), e que o 65% estaba disposto a renunciar a outro a cambio diso. Unha solicitude neste sentido foi rexeitada polo que era primeiro ministro británico nesa altura, Tony Blair.
Tradicións editar
Os colexios organizan concertos ou eisteddfods para os alumnos, con recitais e canto como actividades principais. Antigamente os estudantes tiñan media xornada de vacacións; aínda que se suprime oficialmente o costume, cada escola fai o seu.
Moitos galeses honran as festas levando na lapea un ou os dous símbolos oficiais: o amarelle (un símbolo tradicional galés que florece en marzo) ou o allo porro (símbolo persoal de San David). O vínculo entre o porro e os narcisos vese reforzado polo feito de que ambos teñen nomes similares en galés, Cenhinen (porro) e Cenhinen Bedr (narciso, literalmente porro de Pedro).
Nesta data, as mulleres galesas adoitan levar narcisos mentres que os homes levan o símbolo do porro. Pola súa banda, as nenas adoitan levar ao colexio o traxe tradicional, saia longa de lan, blusa branca, mantón e sombreiro galés. Moitos edificios colgan a bandeira de San David para a ocasión.
Notas editar
- ↑ "Three St David's days? Thank God" (en inglés). 2006-02-27. Consultado o 2023-03-09.
- ↑ Notícia BBC (en inglés)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día de San David |
Ligazóns externas editar
- Saint David - Patrón de Gales (en inglés)
- Welsh Culture Week e St David's Day en Nova York Arquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. Arquivado (en inglés)
- Día e desfile de San David Arquivado 04 de marzo de 2017 en Wayback Machine. Arquivado (en galés) (en inglés)
- Día de San David, Fête de saint David de Galles, publicación con ilustracións.