Cynoglossus senegalensis

Cynoglossus senegalensis
Lingua de can de Senegal
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Cynoglossidae
Subfamilia: Cynoglossinae
Xénero: Cynoglossus
Especie: C. senegalensis
Nome binomial
Cynoglossus senegalensis
(Kaup, 1858) [1]

Cynoglossus cadenati é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos,[1] coñecido en galego como lingua de can de Senegal.[2]

Taxonomía editar

A especie foi descrita en 1858 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup, co nome de Arelia senegalensis.[1]

Sinónimos editar

Ao longo do tempo foi coñecida, adem ais polo nome orixinario que lle puxo Kaup, tamén polos sinónimos:[1]

  • Cynoglossus goreensis Steindachner, 1882
  • Cynoglossus guineensis Osório, 1909
  • Cynoglossus senegalensis simulator Chabanaud, 1949

Subespecies editar

Durante un tempo admitíronse tres subespecies, hoxe identificadas coas especies que se citan a continuación:[1]

Características editar

É un peixe plano de corpo ovalado, coa marxe anterior da cabeza semicircular, e rematado nunha cola que se vai estreitando progresivamente,[3] que pode chegar a medir até os 66 cm de lonxitude,[4] aínda que os espécimes apañados na pesca adoitan roldar os 25 cm.[5]

Hábitat, distribución e bioloxía editar

É unha especie mariña e de augas salobres, demersal, que habita en augas costeiras tropicais sobre fondos areosos ou lamacentos, a profundidades de entre os 10 e os 110 m,[5] no Atlántico oriental, entre os 22° N e os 18° S, e entre os 18° W e os 14° E, desde o Mauritania até Angola.[3]

Pesca editar

Cynoglossus senegalensis é unha especie comestíbel, que se pesca nas zonas 34 e 47 (Atlántico centro-oriental e Atlántico sueste, respectivamente).[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Cynoglossus senegalensis (Kaup, 1858) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.
  3. 3,0 3,1 Cynoglossus senegalensis (Kaup, 1858) en FishBase.
  4. Desoutter, M. (1986).
  5. 5,0 5,1 Schneider, W. (1990).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Desoutter, M. (1986): "Cynoglossidae". En J. Daget, J.-P. Gosse e D. F. E. Thys van den Audenaerde, eds.: Check-list of the freshwater fishes of Africa (CLOFFA). ISNB, Bruxelas; MRAC, Tervuren, and ORSTOM, París. Vol. 2. pp. 432–433.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar