Cynoglossus canariensis

Cynoglossus canariensis
Lingua de can das Canarias
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Cynoglossidae
Subfamilia: Cynoglossinae
Xénero: Cynoglossus
Especie: C. canariensis
Nome binomial
Cynoglossus canariensis
Steindachner, 1882 [1]

Cynoglossus canariensis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos,[1] coñecido en galego como lingua de can das Canarias.[2]

Taxonomía editar

A especie foi descrita en 1882 polo ictiólogo austríaco Franz Steindachner.[1]

Ademais de polo nome orixinario que lle deu Steindachner, a especie tamén foi coñecida polos sinónimos:[1]

  • Cynoglossus lagoensis Regan, 1915
  • Cynoglossus senegalensis canariensis Steindachner, 1882

Características editar

É un peixe plano de corpo ovalado e rematado nunha cola que se vai estreitando progresivamente,[3] que pode chegar a medir até 60 cm de lonxitude,[4] aínda que os espécimes apañados na pesca adoitan roldar os 40 cm.[5]

Hábitat, distribución e bioloxía editar

É unha especie mariña e de augas salobres, demersal, que habita en augas costeiras tropicais sobre fondos areosos ou lamacentos,[4] a profundidades de entre os 10 e os 300 m,[5] no Atlántico centro-oriental, entre os 21° N e os 10° S, desde as illas Canarias e Mauritania até Angola.[3]

Pesca editar

Cynoglossus canariensis é unha especioe comestíbel, que se pesca nas zonas 34 e 47 (Atlántico centro-oriental e sueste, respectivamente).[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cynoglossus canariensis Steindachner, 1882 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.
  3. 3,0 3,1 Cynoglossus canariensis Steindachner, 1882 en FishBase.
  4. 4,0 4,1 Schneider, W. (1990).
  5. 5,0 5,1 Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. nº 16.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Desoutter, M. (1990): "Cynoglossidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds.: Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2, pp. 1050-1054.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar