Abrir o menú principal

Cuthbert de Lindisfarne

Cuthbert ou san Curthbert, nado cara o 635 e finado o 20 de marzo de 687[1][2], foi un monxe, bispo e eremita orixinario do reino de Northumbria, probablemente de Dunbar, hoxe en Escocia. Outras fontes falan dunha orixe irlandesa, e Beda afirma que era britano[3].

Cuthbert de Lindisfarne
Durham St Cuthbert.jpg
Nacementoc. 635
 Smailholm
Falecemento20 de marzo de 687
 Farne Islands
NacionalidadeReino de Northumbria
Relixióncristianismo
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Trala súa morte converteuse nun dos santos medievais máis importantes do norte de Inglaterra. O seu culto céntrase arredor da súa tumba na Catedral de Durham. É considerado santo patrón do norte de Inglaterra. A súa festividade conmemórase o 20 de marzo (Igrexa Católica e Igrexa de Inglaterra), tamén o 31 de agosto (Igrexa Episcopal de EE.UU.) e o 4 de setembro (Igrexa de Gales).

TraxectoriaEditar

Medrou peto da abadía de Melrose, unha filial de da abadía de Lindisfarne (hoxe en Escocia). Sendo pasto, decidiu converterse en monxe por mor dunha visión na mesma noite da morte, en 651, de santo Aidan o fundador de Lindisfarne.

Durante un tempo realizou servizo de armas ao servizo de Oswiu de Northumbria fronte a Penda de Mercia. No 655, trala batalla de Winwidfield, na que morreu Penda[4], e chega-la paz marchou cara ó mosteiro de Melrose pedindo ser admitido na comunidade[5]. A súa fama de piedade e dilixencia estendeuse rapidamente e, no 660, cando o abade de Melrose (Eata) recibiu uns terreos onde se fundou a abadía de Ripon, el e mais Cuthbert (en calidade de praepositus hospitum ou encargado dos hóspedes ou visitantes) foron os encargados de poñela en funcionamento. Porén, o ano seguinte, nas liortas entre a tradición céltica e a tradición romana para impor o tipo de culto nas illas, o rei Alchfrith de Deira, nas liortas entre a tradición céltica e a romana, cedeu a abadía a san Wilfrid e os monxes que seguían a tradición do cistianismo céltico tiveron que voltar a Melrose.

Cando a enfermidade golpeou o convento en 664, entre outros, enfermaron o prior Boisel e Cuthbert. Ao morrer o prior, Cuthbert foi elixido no seu lugar. Tralo sínodo de Whitby, nese mesmo ano, no que se impuxo a liturxia romana sobre a céltica, o principal defensor desta, Colman de Lindisfarne, coa maioría dos monxes da abadía, abandona o cargo de abade de Lindisfarne e marcha cara Irlanda, deixando no seu posto a Eata, que si acepta a nova liturxia. E Cuthbert, aínda que educado na liturxia céltica, tamén acepta o cambio e convértese no prior de Lindisfarne[6].

En 676, co permiso de Eata, abandonou Lindisfarne e adoptou unha vida solitaria de ermitán illado nunha gruta nas Illas Farne, fronte a actual Banborough (ou Bamburgh). Alí chegou a establecer leis especiais a fin de protexer aos paxaros que viñan aniñar nestas illas. Estas leis poderían ser as primeiras leis para protexer aos paxaros do mundo[6]. Posteriormente, levou a cabo accións misioneiras dende Berwickshire até Galloway; fundou unha pequena capela en Dull (condado de Perth and Kinross, Escocia), cunha gran cruz de pedra e unha pequena cela para o seu uso dende a cal a través dunha fiestra bendicía aos fieis que se achegaban. O local foi transformado nun mosteiro e, posteriormente, na Universidade de St Andrews. Tamén se lle atribúe a fundación da igrexa parroquial de San Cuthbert en Edimburgo[7].

Durante o reinado de Ecgfrith, Lindisfarne medrou tanto que Teodoro, arcebispo de Canterbury decidiu dividir a diocese de Northumbria en 3 creando novas sés: Lindisfarne (ou Hexham) cabeza de Bernicia, York en Deira e Lindsey, nos novos territorios gañados a Mercia[8]. En 684 Cuthbert foi ordenado bispo de Hexham por Teodoro de Canterbury, mais sendo reticente a abandonar o seu illamento, foi preciso que unha delegación máis grande, conducida polo propio rei Ecgfrith ou Egfrido de Northumbria, viñese convencelo. Inmediatamente trocou co Eata as sés episcopais: Eata pasou a Hexham e Cuthberth a Lindisfarne[9]. Finalmente, foi consagrado en York o 26 de marzo de 685[6].

En 686, renunciou ao seu mandato como bispo e volveu ás Illas Farne, para prepararse para morrero. Foi enterrado en Lindisfarne mais o seu corpo foi levado a Melrose para evitar o saqueo dos viquingos sobre Lindisfarne en 875. Posteriormente foi levado á catedral de Durham onde a súa tumba recolle os restos co nome en latín: Cuthbertus[6]. Foi o lugar de peregrincación preferido de até a época da Reforma anglicana.

NotasEditar

  1. Bonner, Gerald; Rollason, David W.; Stancliffe, Clare (1989). St. Cuthbert, His Cult and His Community to AD 1200. Woodbridge, Suffolk: The Boydell Press. p. XXI. ISBN 0-85115-510-3. 
  2. "St. Cuthbert". New Advent. Catholic Encyclopedia. Consultado o 23-08-2017. 
  3. "St. Cuthbert". ucatholic.com. Consultado o 23-08-2017. 
  4. Butler, Albano (1790). Vidas de los Padres, Martires y otros principales santos. Tomo VIII. Trad. por Lic. Joseph Alonso Ortiz. Valladolid: Viuda e hijos de Santander. p. 140. 
  5. "Cutberto de Lindisfarne, Santo". catholic.net. Consultado o 23-08-2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Mar 20 - St Cuthbert de Lindisfarne (634-687)". catholicireland.net. Consultado o 24-08-2017. 
  7. "St Cuthbert's Parish Church Lothian Road, Edinburgh". st-cuthberts.net. Consultado o 26-08-2017. 
  8. Aird, William M. (1998). St Cuthbert and the Normans: The Church of Durham, 1071-1153. Woodbridge (Suffolk): The Boydell Press. p. 18. ISBN 978-0-85115-615-6. 
  9. Adam, David (2009). The Holy Island of Lindisfarne (epub). London: Boydell & Brewer. ISBN 978-0-281-06307-9. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Battiscombe, C. F. (ed) (1956), The Relics of Saint Cuthbert, Oxford University Press, including R. A. B. Mynors and R. Powell on 'The Stonyhurst Gospel'
  • Brown (2003), Brown, Michelle P., The Lindisfarne Gospels: Society, Spirituality and the Scribe. British Library, ISBN 978-0-7123-4807-2
  • Farmer, David Hugh (1995). Benedict's Disciples. Gracewing Publishing, ISBN 0-85244-274-2, ISBN 978-0-85244-274-6.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar