Bamburgh

vila do Reino Unido, en Inglaterra

Bamburgh é unha vila e parroquia civil, na costa de Northumberland, Inglaterra.

Modelo:Xeografía políticaBamburgh
Imaxe

Nomeado en referencia aBebba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 55°36′14″N 1°43′20″O / 55.604, -1.7222Coordenadas: 55°36′14″N 1°43′20″O / 55.604, -1.7222
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNordeste de Inglaterra
Condado cerimonialNorthumberland Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación414 (2011) Editar o valor em Wikidata
Creación1910 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalNE69 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico01668 Editar o valor em Wikidata

No ano 2001 tiña unha poboación de 454 habitantes,[1] que se reduciu a 414 no censo de 2011.[2]

Importancia do lugar editar

A parroquia é notábel por dúas razóns: o impoñente castelo de Bamburgh, con vistas á praia, que foi asede dos antigos reis de Northumbria, e a súa asociación coa heroína vitoriana Grace Darling, que está enterrada alí. Así mesmo está enterrado no seu cemiterio o ornitólogo, botánico e ilustrador Prideaux John Selby (1788-1867), que faleceu nesta vila.[3]

A súa extensa praia de area fina recibiu a Bandeira Azul en 2005. As dunas de Bamburgh, consideradas Sitio de Especial Interese Científico, están detrás da praia. Bamburgh é un lugar moi popular entre os turistas, e está situado dentro da área costeira de Northumberland, declarada Área de Destacada Beleza Natural.

Historia editar

O lugar que hoxe ocupa o castelo de Bamburgh foi na antigüidade un castro (hillfort) dos celtas britanos, coñecido como Din Guarie,[4] e pode que fora a capital do reino de Bernicia, o reino dos Gododdin,[5] dende a fundación do reino contra 420 até 547, ano en que aparece a primeira referencia escrita do castelo. Nese ano a cidadela foi con quistada polos anglosaxóns gobernados por Ida de Bernicia (Beornice) conveténdose na residencia de Ida.[6]

O autor británico tardomedieval Thomas Malory identificou o castelo de Bamburgh con Joyous Gard, o mítico castelo de Sir Lancelot da lenda do rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda.[7]

Bamburgh tamén aparece na serie de videoxogos de mundo aberto Forza Horizon 4 que se publicou en outubro de 2018.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Neighbourhood Statistics. "Census 2001". Neighbourhood.statistics.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  2. "Parish population 2011". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  3. Mullens, W. H. & Swann, H. (1917): Mullens and Swann's Bibliography of British Ornithology. London: Macmillan.
  4. "Bernaccia (Bryneich / Berneich)". The History Files. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  5. 'An English empire: Bede and the early Anglo-Saxon kings' by N. J. Higham, Manchester University Press ND, 1995, ISBN 0-7190-4423-5, ISBN 978-0-7190-4423-6
  6. The Anglo-Saxon Chronicle, entrada 547.
  7. Black, Joseph (2016). "The Broadview Anthology of British Literature: Concise Volume A - Third Edition". Broadview. p. 536. ISBN 978-1554813124. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar