Curling nos Xogos Olímpicos

O curling é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno. Debutou nos Xogos Olímpicos de 1924 realizados en Chamonix (Francia), se ben o resultado desta competición non foi considerado oficial até os Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 realizados en Turín (Italia) polo Comité Olímpico Internacional.[1] Este deporte foi considerado de demostración nas edicións de 1932, 1988 e 1992,[2] pasando a ser considerado como deporte oficial a partir dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 realizados en Nagano (no Xapón).

Modelo:Competición deportivaCurling nos Xogos Olímpicos
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor em Wikidata
DeporteCurling Editar o valor em Wikidata
OrganizadorComité Olímpico Internacional Editar o valor em Wikidata
Parte deXogos Olímpicos de Inverno Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympic.org… Editar o valor em Wikidata

Realízanse dúas competicións, unha masculina e outra feminina. Os grandes dominadores deste deporte son o Canadá, Suecia e Suíza.

Notas editar

  1. "Brits win curling gold 82 years late". ABC News (en inglés). 2006-02-10. Consultado o 2022-03-03. 
  2. O eisstock, deporte semellante ao curling, foi deporte de demostracinó nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1936 e 1964.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar