Cuchavira
Cuchavira ou Cuchaviva era o deus do arco da vella, protector das mulleres traballadoras e dos doentes segundo a relixión dos muiscas.[1] Os muiscas e a súa confederación foron unha das catro civilizacións avanzadas de América e vivían no fértil val que forma o Altiplano Cundiboyacense nos Andes. A choiva e o Sol foron moi importantes para a súa agricultura e daquela, a sabana de Bogotá tiña varios pantanos e os asulagamentos eran comúns.
Cuchavira | |
---|---|
Deus do arco da vella. | |
Membro da Relixión muisca | |
Representación de Cuchavira na casa museo de Luis Alberto Acuña. | |
Outros nomes | Cuchaviva |
Afiliación | Chibchacum (chuvia) Sué (Sol) |
Xénero | Masculino |
Rexión | Altiplano Cundiboyacense Colombia |
Grupo étnico | Pobo muisca |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Iris |
Equivalente romano | Arcus |
Equivalente cristián | Noé |
Descrición
editarCuchavira, que era chamado "aire resplandecente", apareceu ante os muiscas cando Bochica, o mensaxeiro do ser supremo Chiminigagua foi enviado ás chairas dos muiscas. Cando o deus da choiva Chibchacum estaba anoxado, enviaba fortes trebóns ás chairas, causando o desbordamento dos ríos, asulagando as terras e as casas (bohíos) dos muiscas. Cando remataban as choivas e o Sol volvía saír, aparecía Cuchavira, e a xente ofrecíalle ouro de baixo grado ou aliaxes de ouro e cobre (tumbaga), caracois mariños e esmeraldas pequenas para agradecerlle.
Notas
editar- ↑ Ocampo López, 2013, Ch. 8, p.53
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. ISBN 978-958-14-1416-1.