Chibchacum
Chibchacum é o deus da choiva e do trono dos muiscas. Os principais estudos sobre esta deidade son obra de Javier Ocampo López.[1]
Chibchacum | |
---|---|
Deus da chuvia e o trono | |
Membro da Relixión muisca | |
As tormentas e os asolagamentos son identificados como a ira de Chibchacum. | |
Afiliación | Sué (Sol) Cuchavira (arco da vella) Chaquén (fertilidade) |
Xénero | Masculino |
Rexión | Altiplano Cundiboyacense Colombia |
Grupo étnico | Pobo muisca |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Zeus |
Equivalente romano | Xúpiter |
Descrición
editarHai unha historia que narra como os muiscas adoraban unha roca e adoraban a Bochica. Chibchacum estaba moi anoxado e rebelouse contra Bochica. Baixou á Terra e viu unha muller, Chié, que ía buscar auga. Chibchacum convenceuna de que se unise á súa rebelión, prometéndolle a Chié que sería raíña unha vez que Bochica fose asasinado. Chié uniuselles, e axiña comezou unha guerra civil. Chié foi maldicida por Bochica e converteuse nunha curuxa. O seu plan fracasou, e Chibchacum artellou a súa vinganza. Pronunciou un feitizo que causou un gran asulagamento. A xente pregoulle a Bochica que os deixase vivir e que en troques o adorarían. Entón, unha vez que Bochica creou un val para drenar o asulagamento, sabía que tiña que castigar a Chibchacum. Bochica maldiciu a Chibchacum forzándoo a levar á Nai Terra sobre o lombo.[2] Deste xeito, os muiscas crían que cando había un terremoto, era Chibchacum cambiando a súa carga de brazo.[3]
Notas
editar- ↑ Ocampo López, 2013
- ↑ Coulter, Charles Russell (2013). Encyclopedia of Ancient Deities. Routledge. p. 235.
- ↑ Sepehri, Sandy (2006). Why Chibchacum Carries the World: Based on a Chibcha Myth. Rourke Pub. pp. 32. ISBN 1600442153.