Cuarto de baño
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Un cuarto de baño[1] (chamado tamén sanitario[2] ou simplemente baño[1]) é unha habitación xeralmente utilizada para o aseo persoal, o baño e a evacuación de refugallos humanos.
Elementos fundamentais dun bañoEditar
- Bañeira e/ou ducha, aínda que tamén existe o baño de visitas que non adoita ter este elemento.
- Inodoro ou retrete utilizado para a evacuación.
- Lavabo (tamén chamado lavamans), onde se adoitan lavar as mans. Tamén se usa para afeitarse (os homes), cepillarse os dentes ou colocarse lentes de contacto.
- Espello, onde se reflicte a nosa imaxe e podémonos ver (adoita servir de apoio para peitearse, para retocarse a maquillaxe, afeitarse etc).
- Adicionalmente, tamén poden terse os seguintes elementos:
- Bidé, recipiente baixo con auga corrente e desaugadoiro, ideado para asear os órganos xenitais externos e o ano, aínda que tamén é utilizado para lavarse os pés;
- Armarios ou baldas para almacenar produtos de aseo.
- Urinarios, elementos usados nos sanitarios públicos para cabaleiros (recintos educativos, centros comerciais, oficinas etc.) sendo moi raro o seu uso en cuartos de baño residenciais.
Accesorios habituaisEditar
- Toalleiros, tanto para toallas de man como de baño;
- Portarrolos, para colocar o papel hixiénico;
- "Escobilleiro", para facilitar a hixiene do inodoro e doutras zonas.
ParticularidadesEditar
En certos baños non se instalan todos os aparellos e accesorios que foron sinalados. En países fríos adóitase separar o inodoro (cun lavamans) noutro local á parte, posto que esta área require máis ventilación, e iso arrefriaría demasiado o ambiente cando se desexa tomar unha ducha.
Galería de imaxesEditar
Baño dos anos 1970.
Anuncio de sanitarios públicos en Brasil.
Baño en sala de espera de primeira clase nun aeroporto.
Baño moderno en residencia en Estados Unidos.
Baño en Beamish, Condado de Durham, Inglaterra.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para baño.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sanitario.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuarto de baño |