Dormitorio
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Dormitorio[1] é o nome da habitación usada, sobre todo, para o soño ou o descanso do residente ou ocupante. Na maioría dos casos, devandita habitación vén acompañada por mobles de tipo persoal ou de uso compartido privado (cama, escritorio, armario etc.).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/Vincent_Willem_van_Gogh_135.jpg/220px-Vincent_Willem_van_Gogh_135.jpg)
Non se pode dicir con exactitude o que se fai nesta habitación, as actividades poden variar desde durmir, ler, ver a televisión, vestirse, conversar con outro usuario, repousar o corpo, ou simplemente illarse un pouco do exterior. Isto porque depende exclusivamente de cada usuario en especial.
En diferentes culturas, os espazos usados principalmente para outras actividades durante o día convértense en dormitorios durante a noite; mentres que noutras existen dormitorios específicos, que constitúen unha parte importante da casa, fogar ou vivenda.
Tipos de dormitorios
editar- Dormitorio de matrimonio
- Dormitorio dobre
- Dormitorio individual
- Dormitorio estudo
- Dormitorio infantil
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dormitorio.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dormitorio |