Denomínase toalleiro a un utensilio empregado nos baños para pendurar as toallas.[1] Poden ser de aceiro inoxidábel, madeira ou plástico, e existen en forma de barra (para pendurar as toallas de xeito que fiquen estendidas), de aro (para pasar as toallas polo medio), ou ben coma un diminuto soporte para pendurar as toallas.

Unha toalla pendurada nun toalleiro con forma de barra.

Tamén existen os toalleiros eléctricos, cuxa función principal é quentar e secar as toallas. Poden ser usados no cuarto de baño e para funcionar só precisan ser ligados á corrente.

  1. Toalleiro - Dicionario Digalego.