Ourolo, Taragoña, Rianxo

lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo
(Redirección desde «Cruceiro das Neves de Ourolo»)

Ourolo é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 306 habitantes (142 homes e 164 mulleres).

Ourolo
ParroquiaTaragoña
ConcelloRianxo
Coordenadas42°40′48″N 8°49′53″O / 42.680130555556, -8.8313305555556Coordenadas: 42°40′48″N 8°49′53″O / 42.680130555556, -8.8313305555556
Poboación306 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

Nesta localidade atópanse dous cruceiros, ó longo da vella corredoira que percorre paralelamente a estrada comarcal AC-305 (Padrón-Ribeira).

O cruceiro de Ourolo, tamén nomeado da Cubeliña[1]que se atopa máis ó norte da aldea, posúe unha plataforma cuadrangular dun grao e pedestal cuadrangular rematado en chafráns. O seu fuste é de tipo circular, cun capitel cuadrangular co ábaco circular liso, astrágalo de lados curvos e vértices agudos, decoración de anxo con ás, e volutas. A súa cruz é de sección cuadrangular con brazos chafranados e remates florenzados. O Cristo atópase crucificado e sinala có índice da man esquerda, leva coroa de espiños e pergameo de INRI. A Virxe está orando coas mans xuntas sobre peaña de nubes.

O outro cruceiro que se localiza na aldea de Ourolo está carente de plataforma, con pedestal cuadrangular rematado con chafráns, o seu fuste circular cadrado no comezo, capitel cilíndrico co ábaco de lados curcos e vérticos chafranados, volutas, follas, cabezas de anxo con ás e caveiras con tibias en cruz. A Cruz é de sección cuadrangular cos brazos chafranados e remates florenzados. Presenta un Cristo crucificado coas mans abertas, con coroa de espiñas e cartela de INRI. A Virxe ora coas mans xuntas sobre peaña.

Cruceiro das Neves editar

O cruceiro das Neves de Ourolo é un cruceiro de capela de plataforma soterrada, cun fuste de sección cadrada con chafráns. A cruz é cuadrangular cos brazos con media cana e remates florenzados. O Cristo crucificado atópase coas mans pechadas, nimbo crucífero e pano de pureza sen nós. No reverso da Cruz, existe un baixorrelevo da Piedade. A capela é lisa, coa base troncopiramidal invertida cun anxo con ás, tellado a catro augas e teito plano. No interior da capeliña atópase unha imaxe da Nos Señora das Neves.

A carón do cruceiro, dentro dun muro, hai un crucifixo e un baixorrelevo.

Cruz de Ourolo editar

Este crucifixo está situado no oco do muro dunha vivenda, a carón do cruceiro das Neves de Ourolo. A cruz é de sección circular, leñosa e con nós, sobre pedestal moldurado. O Cristo crucificado ten as mans abertas, coroa de espiñas e o pano de pureza suxeito cunha corda, e leva pergameo de INRI.

No mesmo oco hai unha lousa con baixorrelevo de San Francisco sacando co cordón do hábito as almas do purgatorio.

Notas editar

  1. González Pérez, Clodio (2000-12-29). "Os Cruceiros de Cápela: V. Concello de Rianxo (II)". Cuadernos de Estudios Gallegos 47 (112): 372. ISSN 1988-8333. doi:10.3989/ceg.2000.v47.i112.185. 

Lugares e parroquias editar

Lugares de Taragoña editar

Lugares da parroquia de Taragoña no concello de Rianxo (A Coruña)

A Burata | O Burato | O Campo da Feira | Campos de Pazos | Cartomil | O Castriño | Chorente | Corques | A Coviña | O Cruceiro | A Cruz | Cuvide | Dorna | Fachán | Fonte Susán | A Igrexa | Iñobre | A Laxe | O Monte de Dorna | O Moroso | Ourille | Ourolo | Outeiro | Paradela | Pastoriza | As Pedriñas | A Senra |

Parroquias de Rianxo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar