Covas de Frasassi

Coordenadas: 43°25′50″N 12°56′09″L / 43.430556, 12.935833

As covas de Frasassi, en italiano Grotte di Frasassi, son unha rede de cavernas karsticas italianas que se atopan no interior do Parque Natural rexional da Gola della Rossa e de Frasassi, no concello de Genga, provincia de Ancona (rexión das Marcas), descubertas en 1948.

Grotte di Frasassi
Covas de Frasassi

View of the caves

País: Italia
Rexión: Marche As Marcas
Provincia: Ancona
Concello: Genga
Localidade: Frasassi
Coordenadas: 43°25′50″N 12°56′09″L / 43.43056, -12.93583
Fuso horario: CET, UTC+1
Tipo de cova: Cova kárstica
Lonxitude: 5.000 m
Altitude: 300 m
Profundidade: 400 m
Sitio web www.frasassi.com

Descrición

editar

As covas foron descubertas o 28 de xuño de 1948 cando algúns compoñentes do grupo espeleolóxico de Ancona descubriron a entrada da primeira gruta, chamada «grotta del Fiume». Foron descubríndose outras cavidades da mesma rede até que, o 25 de setembro de 1971, o grupo espeleolóxico CAI de Ancona descubriu a «Grotta Grande del Vento»; o equipamento non lles permitiu descender até a base da cavidade, e calcularon a altura lanzando unha pedra e medindo o tempo de caída, co que calcularon 100 metros. Posteriormente dotáronse do equipamento adecuado e exploraron o inmenso espazo que chamouse «Abisso Ancona» (abismo Ancona) en honra á cidade dos descubridores. A noticia do achado difundiuse a través dos xornais e é a partir de entón cando comezou a fama entre o gran público das covas de Frasassi.

O «Abisso Ancona» ten unha extensión de 180x120m e de 200m de altura[1] e é tan grande (máis de dous millóns de m3) que no seu interior podería contenerse a Catedral de Milán.

Os descubrimentos sucedéronse ao longo dos anos e foron explorados outros ambientes máis ou menos accesibles. Até o momento o complexo de cavernas de Frasassi consta dunha lonxitud de máis de 13 quilómetros.

O 1 de setembro de 1974 parte das grutas abríronse ao público e son unha das maiores atraccións turísticas da rexión, estimándose en máis de 10 millóns de visitantes.

Covas irmás

editar

Frasassi está asociada con distintas "covas irmás" [2] ao longo do mundo:

  1. Fuente: Abisso Ancona Arquivado 04 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en italiano)
  2. "Covas irmás en frasassi.com". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar