Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do norte de España
Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do norte de España é o nome baixo o que se agrupan 18 covas situadas en diferentes rexións do norte España, que en conxunto representan o apoxeo da arte rupestre do Paleolítico en Europa entre os anos 35.000 e 11.000 aC e foron designados colectivamente como un Patrimonio da Humanidade.
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Cantabria, España, Asturias, España e País Vasco, España | |||
| ||||
Composto por | Cova de Altamira Caverna de Las Chimeneas (pt) Caverna de La Pasiega (pt) Caverna de Las Monedas (pt) Cova de El Pendo Cueva de Covalanas (en) La Garma cave complex (en) Cova de Santimamiñe Cova de Ekain Cova de El Castillo Cove de Chufín Tito Bustillo Cave (en) Cova de Candamo Cueva de Hornos de la Peña (en) Cueva de La Covaciella (en) Cueva del Pindal (en) Cueva de Llonín (en) Cave of Altxerri (en) | |||
Características | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1985 (9ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iii) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 2008 | |||
Identificador | 310 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1985 | |||
Cronoloxía | ||||
2008 | extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | |||
Cova de Altamira
editar- Artigo principal: Cova de Altamira.
A principal destas covas é Altamira, no concello cántabro de Santillana del Mar. Segue sendo un dos ciclos de pintura máis importantes da prehistoria, orixinarios dos períodos Magdaleniano e Solutreano do Paleolítico Superior. O estilo artístico desta cova representa a escola franco cantábrica, caracterizada polo realismo da súa representación figurativa. A cova de Altamira foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1985.
Extensión 2008
editarEn 2008 o patrimonio da humanidade ampliouse para incluír 17 covas adicionais situadas no norte de España, algunhas das cales conteñen exemplos destacados de arte rupestre do Paleolítico. Estas covas atópanse en tres rexións autónomas: 5 en Asturias, 10 en Cantabria e 3 no País Vasco.
Covas
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do norte de España |