Cova de Santimamiñe
Santimamiñe é unha caverna de Kortezubi, en Biscaia, na que se atoparan restos e máis pinturas rupestres, datadas no período magdaleniano, entre 14.000 e 9.000 anos a.C., comprendido no Paleolítico Superior. Desde xullo de 2008 é un dos santuarios prehistóricos incluídos na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, como «Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do Norte de España» (en inglés, Cave of Altamira and Paleolithic Cave Art of Northern Spain).
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do norte de España | |||
Localización | ||||
División administrativa | Kortezubi, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | zona de protección: 98,8 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2008 (32ª Sesión) | |||
Identificador | 310-016 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 17 de xullo de 1984 | |||
Identificador | RI-51-0005165 | |||
Situación
editarA cova está situada no barrio de Basondo, nun canto da montaña Ereñozar (448 m), a uns 150 m.s.n.m., preto da ermida de san Mamede (en vasco: Santimamiñe), na conca do Oka e do pantano de Urdaibai.
Partes da caverna
editarA cova poe dividirse para os efectos de estudo, consonte o método de André Leroi-Gourhan, en catro partes: entrada, antecámara, cámara e parte profunda.
Natureza das figuras
editarPredominan os cabalos e bisontes, aínda que hai tamén unha figura dun oso e unha cabra. Existen tamén representacións xeométricas, pouco claras. Bastantes figuras son borrosas e/ou están deterioradas.
A maioría das figuras aparecen na antecámara e na cámara.