Cornixa cantábrica

Coñécese como cornixa cantábrica o reborde montañoso setentrional da Península Ibérica encarado ao mar Cantábrico, delimitado ao sur polo cordal Cantábrico e que abarca á súa vez a maior parte da España húmida. De marcada influencia atlántica, este territorio confórmano as comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, as provincias de Biscaia e Guipúscoa do País Vasco, a provincia de Lugo de Galicia, o norte das provincias de León, Palencia e Burgos en Castela e León e noroeste de Navarra.

O recuadro vermello sinala na imaxe do satélite a localización da Cornixa Cantábrica no norte de España.
O clima desta rexión xeográfica é fundamentalmente de tipo oceánico amornado e húmido.

O clima desta rexión xeográfica é fundamentalmente de tipo oceánico amornado e húmido, caracterizándose por unha maior frecuencia de ventos de compoñente norte. A temperatura media anual da zona é de 13 °C e a diferenza entre a máxima temperatura do ano (agosto) e a mínima (xaneiro) é de 12 °C. Isto fai da Rexión Cantábrica a zona con amplitude térmica máis baixa da Península Ibérica.

A insolación é de 1.700 horas de sol anuais e a precipitación media é de 1800 l/m²; cunha media de 150 a 200 días de choiva ao ano.

Galería de imaxes

editar