Sangomiño

especie de planta
(Redirección desde «Cornus sanguinea»)
Sangomiño
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Cornales
Familia: Cornaceae
Xénero: Cornus
Subxénero: Swida
Especie: C. sanguinea
Nome binomial
Cornus sanguinea
L.
Sinonimia

O sangomiño[2] ou árbore da rabia (Cornus sanguinea) é unha especie botánica pertencente á familia das Cornáceas. É nativa da meirande parte de Europa e Asia occidental, tamén se producen de norte a sur de Inglaterra, ao sur de Escandinavia e ao leste do mar Caspio. Aparece nalgúns puntos Galiza.

Cornus sanguinea

Cómpre non confundir esta especie co sanguiño (Frangula alnus).

Descrición editar

Trátase dun arbusto caducifolio de tamaño medio a grande que acada os de 2–6 m de altura, coas pólas e franzas escuras marrón averdadas. As follas son opostas, de 4–8 cm de lonxitude e 2–4 cm de ancho, ovadas a unha forma oblonga , de cor verde por riba, por baixo lixeiramente pálido, áspera e dura. As flores son hermafroditas, miúdas de (5–10 mm de diámetro), con catro pétalos de cor branca cremosa, en grupos de 3–5 cm de diámetro, e son polinizadas polos insectos. O froito é globoso cunha baga negra de 5–8 mm de diámetro, que contén unha soa semente.

Distribución editar

A súa área natural abrangue case toda Europa e Asia occidental; tamén se producen de norte a sur de Inglaterra, ao sur de Escandinavia e ao leste do mar Caspio. En Galiza medra en Valdeorras e nalgúns outros puntos.

Hábitat e ecoloxía editar

Require solos frescos e lixeiros, mais non presenta marcada preferencia pola súa natureza química. Gusta dos lugares húmidos e sombrizos. Atópase en terreos baixos ou de media montaña. Reprodúcese por semente e rebentos de raíz, o que fai posíbel que poida ocupar eficazmente áreas de terreo, establecéndose con alta densidade, polo que, dependendo das circunstancias, pode chegar a ser invasora.

Usos editar

Importante ecoloxicamente xa que os froitos son consumidos por algúns mamíferos e moitos paxaros. A madeira é de excelente calidade, de cor branca rosada, moi dura e resistente. Utilizábase para facer mangos de ferramentas e pequenas pezas torneadas. As pólas magras empregábanse en cestaría , e as máis grosas para titores ou espeques na xardinaxe. Tamén foron utilizadas para facer setas, de feito o arqueiro prehistórico Ötzi levaba setas de sangomiño. En canto ao seu uso medicinal, a cortiza desecada é un potente laxante; mentres que os froitos, cocidos en leite, empregábanse para combater a sarna. [3]

Etnoloxía editar

Leandro Carré Alvarellos no seu Diccionario galego-castelán de 1951, Terceira Edizón, A Coruña, recolle o dito: Comerlle a un o sangomiño, que significa explotar a alguén [4]

Notas editar

  1. Sinónimos en Real Jardín Botánico Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  2. Nome vulgar preferido en ‘’Termos Esenciais de Botánica’’, entrada 593, da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Non aparece no Dicionario da RAG, pero é un nome moi documentado noutros dicionarios- http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=SANGOMI%D1O&tipo_busca=lema
  3. Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944. 
  4. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=SANGOMI%D1O&tipo_busca=lema

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar