Asinar e páxina de usuario editar

Olá, Xohán Baldomir. Para asinares os comentarios que deixas nas páxinas de discusión non debes escribir [[Xohán Baldomir]] - Isto é unha ligazón para un artigo enciclopédico con ese nome! Abonda con que escribas ~~~~ (AltGr+4 catro veces no teclado). Así aparece unha ligazón á túa páxina de usuario e a hora na que escribiches... e mesmo máis cousas se queres (consulta Wikipedia:Preferencias de usuario).

Por outra banda, para escribires sobre ti, faino na túa páxina de usuario. Esta é unha páxina persoal que ninguén máis que ti vai editar. Porén, esta páxina na que estamos agora, a túa "páxina de discusión", é para que os demais usuarios che deixemos mensaxes. Cada vez que alguén escriba aquí, a ti aparecerache unha nota grande con fondo amarelo avisándoche de que "tes mensaxes novas". Para respostar, non o fagas aquí: vai á páxina de discusión do usuario que che escribiu (normalmente vas directo clicando na palabra ou debuxo que aparece depois do seu nome, no meu caso un sobreciño). Un saúdo e benvido a este proxecto. --Xosé (✉) 19:21, 12 marzo 2007 (UTC)

Agradecemento editar

Moitas grazas, Xosé, polo teu consello. Unha aperta.--Xohán Baldomir 18:45, 19 marzo 2007 (UTC) 19:37, 12 marzo 2007 (UTC) 19:36, 12 marzo 2007 (UTC)

Saúdo de Benvida editar

Benvido á Galipedia Xohán Baldomir. Tiña pendente darche a benvida, inclúo nesta mensaxe a información sobre os distintos wikis do proxecto galego. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:56, 19 marzo 2007 (UTC)

Novo agradecemento editar

Moitas grazas pola benvida e mais pola información. Un saúdo --Xohán Baldomir 12:36, 20 marzo 2007 (UTC)

Séculos escuros editar

Ola. Coido que fuches ti o que me deixou unha mensaxe sobre os séculos escuros (estaba sen asinar, pero a edición é túa). Non son especialista no tema (son 'de ciencias') e entendo que ti tes abondo máis coñecementos que min tanto no encadre actual como no encadre que falas, polo tanto coido que debes facer ti mesmo as modificacións que me dis: faralo mellor que eu. Un saúdo.--Agremon(contacto) 20:03, 21 marzo 2007 (UTC) Unha cousa máis: de principio, á xente da Galipedia trátoa de 'tu', perécme maís achegado para xente que estamos a colaborar, pero por suposto, cambiarei ó 'vostede' se queres, sen problema. De novo un saúdo.

Permitínme como agasallo crear unha páxina para o clube, pero supoño que ti tes moita maís información :-) --Agremon(contacto) 20:11, 21 marzo 2007 (UTC)

Respondín en Talk:A literatura dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:09, 28 marzo 2007 (UTC)

Entremés famoso sobre a pesca no río Miño editar

  • Olá, saúdos. Existe xa un artigo sobre o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño. Posibelmente o que incluíches en A literatura galega dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento‎ se podería pasar para este outro artigo máis específico e deixar só un resumo. --Xosé (✉) 19:06, 7 abril 2007 (UTC)
    • Tal e como está agora paréceme demasiado extenso, en particular en comparación cos demais apartados (un cuarto do total do artigo) e co que se lle dedica ás demais obras. Na miña opinión, o artigo sobre A literatura dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento debería xer xeral e ir deixando ligazóns para poder extenderse en artigos específicos. O artigo vaise facendo, co teu traballo, moi extenso e detallado - e ainda che falta o Prerrexurdimento! --Xosé (✉) 19:54, 7 abril 2007 (UTC)

Caracter universalista editar

Ola,

Creo que non me expliquei ben, o do caracter universalista referiame a que si unha persoa allea a cultura galega quere buscar artigos sobre ela o título que inclúa explicitamente "literatura galega" será mais doado de atopar, e si co tempo se crea un artigo semellante para unha literatura doutro pais éste estaría mais diferenciado xa que os conceptos de séculos escuros.... non son exclusivos da nosa literatura. Pero era só unha observación. Gústame moito o teu artigo e propúxeno para artigo sobre galicia destacado do mes.

No referente a Galicia, eu cando comecei na gali estiven trebellando en artigos de Exipto, historia.... pero cando vin como estaba desenvolto os temas galegos decidín traballar casi exclusivamente neles, principalmente na proposta de Categoria:Patrimonio histórico e artístico de Galicia e os seus artigos e nos de historia de galicia e a categorización deles. No tema da lingua vin que xa estaba mais desenvolto e descoñezoo mais que os outros temas. E para rematar como xa dixen noutro lado o que esta wiki pode aportar a este mundo globalizado é concretamente o noso, a nosa especificidade.

Parabéns polo teu traballo e un cordial saúdo. --Lansbricae 12:30, 16 abril 2007 (UTC)

resposta pregunta a Prevert editar

Se inda non pechaches o explorador dalle hacia atras (esquerda superior do explorador ata o momento en que tuveches ese conflito de edicións. Alí se baixas ca barra de desplazamento aparecerache o texto que fixeras frente o do que edita (que pídoche creo desculpas debín ser eu). Un saudo. --Lansbricae 18:59, 17 abril 2007 (UTC)

  • Outro apuntamento máis: se estabas a editar dende unha lapela do firefox que logo pechastes podes darlle a desfacer peche de ventá até voltar á páxina en conflito.AlberteSi, digame? 19:02, 17 abril 2007 (UTC)

Sobre artigo de literatura galega dos SS. EE. e Prerrexurdimento editar

Ola, Xohán, como vai? Canto ao da división e da caixa estou coma ti, mais Xosé, que foi quen o propuxo e con bo criterio, segundo teño entendido sabe facer as caixas e penso que tamén sabe dividir o artigo e levar alí o historial. Voulle deixar unha nota para que, se lle parece ben, o faga el mesmo, e de non poder, que avise. Sigo afirmando que enriqueciche a historia da literatura galega na Galipedia. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 14:53, 20 abril 2007 (UTC)

  • Pois partir un artigo é do máis fácil e, si, consiste en recortar e pegar. Logo simplemente se move o artigo actual para o título novo. Ao ver o que di Xoán Carlos Fraga aqui enriba sobre o historial, aclarar que no novo artigo creado non se conservaría, porque entón sería o mesmo historial común a dous artigos. O que se adoita facer é, cando se crea o segundo artigo, poñer no resumo algo así como "texto retirado do artigo vello para crear este novo" e no artigo que fica, cando se elimina o que vai pasar ao artigo novo, "retiro este texto para crear un artigo novo co título tal". Por certo, na miña suxestión propuña implicitamente eliminar o artigo "A" co que comeza o título porque é habitual non poñelo nos títulos dos artigos - que che parece?
    • Déixoche a ti o labor de subdividir o artigo (así aprendes) e eu fago a caixa de navegación. Isto non é tan difícil. Abonda con buscar unha que che resulte atractiva, abrila para editala e ir substituindo o texto; se atopas algo que non funcione ou que quede mal disposto, chamas a alguén e xa está. Un saúdo e parabéns por contribuir con traballo orixinal. --Xosé (✉) 20:44, 23 abril 2007 (UTC)

Re: Como podería recuperar un arquivo non gardado? editar

Xa vin que outros compañeiros responderon. As miñas desculpas por non telo feito eu, estiven ausente uns días. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:43, 23 abril 2007 (UTC)

  • Ola, procedín ó borrado do teu artigo xa que esa parecía ser a túa intención. Tan só os administradores poden facelo. Saúdos.AlberteSi, digame? 11:31, 10 maio 2007 (UTC)

Re: literatura do período intersecular editar

Xa que ando neste momento polo wiki respondoche eu agora. A Caixa de navegación está en Template:LiteraturaGalega, se vas alí podes engadir a ligazón. Para que se visualice este modelo nun artigo tes que incluír {{LiteraturaGalega}}. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:43, 25 maio 2007 (UTC)

Grazas a ti por traballar neses artigos. Xa se visualiza a caixa de navegación, había un espazo de máis entre Literatura e Galega. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:07, 25 maio 2007 (UTC)
Só unha nota para che dar os meus parabéns polos teus artigos. --Xosé (✉) 14:01, 25 maio 2007 (UTC)

Ola Xohán Baldomir. O artigo Literatura galega dos Séculos Escuros que creáches ti foi elixido artigo destacado sobre Galicia para a Portada do mes de xullo. Moitas grazas polo teu traballo nese artigo e en todos os relacionados coa literatura galega. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:07, 26 xuño 2007 (UTC)

Atopei algo referido a La Araucana. Para continuar a discusión, vai a Talk:Literatura galega dos Séculos Escuros#Re: La Araucana. --Xosé (✉) 17:24, 23 xullo 2007 (UTC)

Aniversario editar

Ola Xohán Baldomir. O próximo 27 de febreiro de 2008 cúmprese o primeiro ano desque fixeches a primeira edición na Galipedia. Quería agradecerche as túas contribucións das cales algunhas foron destacadas na portada. Parabéns e grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:45, 16 febreiro 2008 (UTC)

Cuestionario onomástica editar

Ola, Xohán Baldomir! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:49 (UTC)Responder

Referencias editar

Ola, Xohán Baldomir. Por favor, achega referencias para os contidos en Gregorio Couto e Entremés de Bora. Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 30 de agosto de 2018 ás 16:01 (UTC)Responder