Conversa:Literatura galega dos Séculos Escuros

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)

Untitled editar

  • Bo día. A verdade é que xa coñecía o artigo dos Séculos Escuros. Mais pregunteille a Agremón, o seu autor, se lle importaba que quedase o seu artigo para as categorías de sociolingüística e historia da lingua, para así poder escribir eu outro no que se tratase case en exclusiva a literatura desta época. El contestoume que lle parecía ben, e por iso comecei a escribir este artigo. Canto ao de refundilos, a min non me importa en absoluto. De feito, se credes necesario refundilos, fareino en breve. Aínda así, penso que se deben tratar por independente tanto a literatura como a historia da lingua, así tamén a sociolingüística, desta época. O motivo polo que creu eu isto radica en que, con frecuencia, téndese a mesturar estas tres disciplinas de tal maneira que quedan moitas veces "eclipsados" pola sociolingüísta os textos literarios destes séculos. En cambio, deste xeito, podemos abarcar un espazo maior. MOITAS GRAZAS, POR CERTO, POLAS IMAXES. A verdade é que nunca me dou conta de inserilas, mais fan máis vistosos os artigos. Un saúdo --Xohán Baldomir 10:49, 27 marzo 2007 (UTC)
  • Para Xohán: Paréceme moi ben a túa proposta. Así que, adiante. E grazas polo das imaxes. Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 11:11, 27 marzo 2007 (UTC)


  • Petición de axuda: Boa tarde. Podería dicirme alguén como hai que facer para por os tiles de nasalidade na Galipedia? Normalmente, para isto, utilizo o comando "inserir símbolo", mais aquí non está dispoñíbel. Moitas grazas por adiantado--Xohán Baldomir 17:48, 28 marzo 2007 (UTC)
Debaixo da caixa de edición, debaixo do botón "Gardar a páxina" hai unha lista despregable (comeza por Standard) onde podes atopar diversos caracteres sempre que teñas activada a opción javascript do navegador. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:07, 28 marzo 2007 (UTC)
  • Moitas grazas pola axuda. Un saúdo--Xohán Baldomir 19:15, 28 marzo 2007 (UTC)
  • Boas. Quería pedir por favor que, se alguén decide modificar este artigo, que non cambie toque a palabra "portugueces" do título orixinal d' A Contenda por "portugueses", posto que non se trata dunha errata. Moitas grazas. Un saúdo--Xohán Baldomir 18:43, 6 abril 2007 (UTC)
  • Para Xoán Carlos Fraga: actualmente, segundo o texto das normas, a forma do galego standard é "estudoso", non "estudioso". Por iso me vin na obriga de modificalo de novo. Un saúdo--Xohán Baldomir 18:14, 7 abril 2007 (UTC)
  • Para Xohán Baldomir: O Gran Dicionario Cumio (edición de 2004) e máis o Dicionario da Lingua galega Século 21 de Galaxia-Cumio (2005) recollen estudioso, e os dicionarios portugueses tamén, claro. Non tería lóxica quitarlle o i a estudioso, por tanto, nin a estudio (de televisión, por exemplo). O VOLG recolle estudo (realización de estudos) e estudio (como local), mais non entendo por que non recolle estudioso. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 18:26, 7 abril 2007 (UTC)
  • Outra vez para Xoán Carlos Fraga: É que o estudio de radio, de televisión,..., así tamén o tipo de taller, escríbese "estudio" porque ten unha etimoloxía diferente. Mais "estudo" (por exemplo, un "estudo renal") escríbese así porque vén do latín studiu. O que me sorprende é que no dicionario de portugués veña "estudio" co significado de "estudar", porque en portugués dise "estudo". En fin, sexa como for e sexa cal sexa a nosa ideoloxía lingüística (se por min fose, tamén me quedaba con "estudio"), o texto das normas de 2003, ata onde eu sei (igual me equivico) recolle que a forma normativa é "estudo", "estudoso", "estudar",... Un saúdo--Xohán Baldomir 19:08, 7 abril 2007 (UTC)
  • Efectivamente, é estudoso, como se pode comprobar no VOLGa. --Xabier Cid 19:36, 7 abril 2007 (UTC)
  • Para o amigo Xohán Baldomir: O que quería dicirche é que os dicionarios portugueses recollen estudioso (do latín studiosu-) como adxectivo para "1.-que se aplica ao estudo" ou como "2.-diligente", mais o que non aparece nos dicionarios portugueses é estudoso (nin tampouco nos dous dicionarios galegos mencionados, os cales son posteriores á revisión 2003). Por iso che comentaba que era raro o do VOLGa. Cambiando de tema, parabéns polo artigo, que está quedando ben. --Xoán Carlos Fraga 20:06, 7 abril 2007 (UTC)
  • Para Xoán Carlos Fraga: Perdón polo malentendido. Eu pensei que me dicías que no dicionario de portugués viña "estudioso". Moitas grazas pola felecitación. Un saúdo--Xohán Baldomir 15:26, 8 abril 2007 (UTC)
  • Pregunta: ¿Non conviría concretar mais o nome do artigo a A literatura galega dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento xa que esta enciclopedia ten un caracter universalista? --Lansbricae 22:58, 15 abril 2007 (UTC)
  • Resposta: Bo día. Fun eu quen titulou este artigo. O nome de Séculos Escuros e Prerrexurdimento son tan propiamente galegos, que incluso nas outras Wikipedias (polo menos na catalá) aparecen con ese nome.A pesar de lle imprimir un carácter universal a esta enciclopedia (cousa que, na miña opinión, é de aplaudir), creo que tampouco debemos esquencernos do xenuinamente noso. Un saúdo--Xohán Baldomir 11:37, 16 abril 2007 (UTC)

Dividir este artigo editar

  • Dada a extensión actual penso que se poderia dividir este artigo noutros dous, Literatura galega dos Séculos Escuros e Literatura galega do Prerrexurdimento. Tamén se poderia crear unha caixa de navegación que incluíse todos os periodos históricos da literatura galega. --Xosé (✉) 16:47, 19 abril 2007 (UTC)
  • Estou de acordo na división do artigo e tamén no da caixa de navegación. Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 10:23, 20 abril 2007 (UTC)
  •   Concordo.--Xabier Cid 14:18, 20 abril 2007 (UTC)
  • Como lle dixen a Xosé e a Xoán Carlos Fraga nas súas páxinas de discusión, eu tamén estou de acordo.--Xohán Baldomir 17:17, 21 abril 2007 (UTC)
Procedemos, entón, a dividir este artigo en dous específicos. Tal e como estaba, fora proposto como artigo destacado sobre Galicia e xa se paralizou esa votación. Espero que dentro de pouco un dos dous, polo menos, sexa proposto outra vez. --Xosé (✉) 20:53, 23 abril 2007 (UTC)

La Araucana editar

Di-se que La Araucana está escrita en portugués. É unha obra que eu non coñezo ou non será, máis ben, en castelán? --Xosé (✉) 18:01, 8 xullo 2007 (UTC)

Re: La Araucana editar

Boa tarde. E perdoa pola tardanza en contestar. La Araucana era un volume de publicacións conxuntas, por así dicilo, onde aparecían composicións en español, português (e creo que tamén en latín, mais non me fagas moito caso). O que estaba en portugués era un poema de Isabel Castro de Andrade aparecido nese volume. Quizais debera especificalo mellor.Un saúdo--Xohán Baldomir 15:00, 11 xullo 2007 (UTC)

  • Leo en Literatura galega da Idade Media ao século XIX (Elvira Roiz Mesias, Manuel Rei Romeu, A Nosa Terra, 2002) que, dentro do período renacentista:

"Aracana naçaon...". Soneto composto en torno ao ano 1587 por Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, nacida en Pontedeume, arredor do 1520. É unha homenaxe a Alonso de Ercilla, co gallo da publicación da segunda parte da súa obra La Araucana.

Asi se explicaria o que tanto me chocou na intervención anterior. --Xosé (✉) 17:22, 23 xullo 2007 (UTC)

  • Efectivamente, ata onde eu sei, a cita desa historia da literatura é máis que correcta. O que está en portugués é aquel soneto de Isabel Castro de Andrade. Mais o volume foi editado co título en español. pode resultar chocante a día de hoxe, mais naquela altura era normal a publicación de volumes multilingües. Un saúdo--Xohán Baldomir 17:48, 23 xullo 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

-- CommonsTicker 22:29, 21 xuño 2008 (UTC)

Soneto de Monterrei editar

  • Pois nada, aproveitando que pasaba por aquí, fixen unha corrección sobre o Soneto de Monterrei. Un saúdo--Xohán Baldomir 15:50, 16 febreiro 2009 (UTC)

Cronicón de don Servando editar

Aínda que ten máis interese lingüístico que literario, e ao mellor nin pode calificarse de literatura, deixo esta nota por se cabe mencionar este libro e outras falsas crónicas medievais. --Xoán Carlos Fraga 00:40, 13 de decembro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Literatura galega dos Séculos Escuros. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de marzo de 2020 ás 17:21 (UTC)Responder

Volver á páxina "Literatura galega dos Séculos Escuros".