Benvido(a) á Galipedia, Vilmagr!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 4 de marzo de 2017 ás 21:37 (UTC)Responder

Por favor, deixa de facer probas de edición na Wikipedia, malia que intentes arranxalo despois. As devanditas modificacións semellan vandalismos e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar de novo, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 4 de marzo de 2017 ás 21:37 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Vilmagr. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 4 de marzo de 2017 ás 21:46 (UTC)Responder

RE:Marea Veciñal de Culleredo editar

Ola Vilmagr. Se consideras que o artigo está incompleto eres benvido a aumentalo, achegando as referencias correspondentes. En que parte do contido actual do artigo amósase unha visión "parcial e partidista"? En qué viola a obxectividade? Banjo tell me 4 de marzo de 2017 ás 21:46 (UTC)Responder

Os xornais son tan fiables coma calquera outra fonte na rede. Se tes algunha dúbida sobre a fiabilidade dalgún podes comentalo na páxina de conversa correspondente ó artigo ou na taberna. En canto ó artigo adiante, podes editar o artigo coas fontes que consideres axeitadas. O que si, fai o favor de non retirar a información que está referenciada no propio artigo. Avisa cando remates para revisalo. Grazas Banjo tell me 4 de marzo de 2017 ás 23:08 (UTC)Responder