Benvido/a á Galipedia Ticllahuanca, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Confiamos en que disfrutes colaborando neste wiki. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Tamén hai información sobre a Galipedia na parte superior da páxina cambios recentes. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo.--Prevert(talk) 13:07, 23 outubro 2005 (UTC)

  • Súmome á benvida, wikifiquei algo o artigo que fixeches de Martin Heidegger, como che di Prevert calquera dúbida que teñas non dubides en acudir a nós. Espero que esteas cómodo na Galipedia e que a consideres a túa casa, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 13:40, 23 outubro 2005 (UTC)
  • Vin a mensaxe que deixaches ao Moderador e desbloquei a IP 85.91.80.132 . Semella que é unha IP que tamén usa un usuario que vai deixando insultos e outro tipo de vandalismos nas páxinas. Neste caso estaba bloqueado por tres días, o problema é que se ese usuario segue facendo vandalismos esa IP vai estar bloqueada novamente e pode que che volva a pasar o mesmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:41, 1 xuño 2006 (UTC)

MaterialismoEditar

Poderia inserir uma categoria neste artigo? --Slademsx 16:23, 6 xuño 2006 (UTC)

O jeito que procedeste está certo. Somente no final da mensagem insira quatro tis - ~~~~ - o que gera a assinatura. Obrigado, Slademsx 17:16, 7 xuño 2006 (UTC)

Hans-Georg GadamerEditar

Ola Ticllahuanca. Excelente artigo. Lino de vagariño e mirei de lle encontrar algunha foto en Commons (en concreto en Commons:Category:Philosophy), pero non dei con ningunha. Espero que sigas colaborando connosco. Procurarei reparar nas túas aportacións, inda que non me parece doado que sempre teñan ese nivel e especialización pois é francamente difícil.

Para calquera cousa que precises ou se che ocorra, conta comigo. Estou á túa disposición.Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 06:54, 1 agosto 2006 (UTC)

Xornal da GalipediaEditar

Ola Ticllahuanca, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:23, 15 setembro 2006 (UTC)

O Xornal é unha un medio para estar informado do que sucede na Galipedia, é unha páxina que cambia periódicamente, van dous números e axiña vai sair o terceiro. Se un insire na súa páxina {{Xornal}} pode ver na súa páxina os titulares de cada número e iso cambia automaticamente cada vez que se renova o Xornal. Tamén sirve para meter outros avisos urxentes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:45, 12 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigosEditar

Ola Ticllahuanca. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:50, 6 decembro 2006 (UTC)

Imaxes nos artigosEditar

A resposta a túa pregunta depende de varias cuestións:

  • Trátase de inserir unha imaxe que xa hai na Galipedia ou en Commons?
  • Queres saber como cargar unha imaxe na Galipedia e como asignar a licenza?
  • Queres inserir unha imaxe túa ou obtida doutra fonte?

En función das respostas a esas preguntas a explicación e unha ou outra, indícame de que caso se trata para que poida orientarte dun xeito preciso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:59, 17 xaneiro 2007 (UTC)

Levoume un tempo preparar as intrucións, estrutireina segundo un modelo da Wikipedia en francés que penso que pode ser útil para distinguir entre os diferentes casos. Penso que che ha servir, podes atopalo en Wikipedia:Guía de carga de imaxes. Espero que me indiques que puntos non che quedan claros para poder mellorar a páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:46, 21 xaneiro 2007 (UTC)

Martin HeideggerEditar

Vin o comentario que deixaches en Martin Heidegger. Se ves o seu historial decataraste de que, por un erro, se suprimiu un marcador que advertía do idioma no que estaba escrita a listaxe de obras. Dito marcador xa está restituído ao seu lugar. Se tes información sobre a obra deste autor publicada en galego anímote a que contribúas a mellorar ese apartado no artigo. Xoacas(non che sinto?) 15:58, 12 de abril de 2010 (UTC)

En realidade o seu sería poñer as obras cos títulos no idioma orixinal, salvo aquelas que teñan sido traducidas ao galego, que serían listadas en galego. A versión actual do artigo é un pouco excesiva, porque todos os títulos están en galego, sen que conste se hai tradución feita ou non. Xoacas(unha palabriña doçe) 11:23, 12 de maio de 2010 (UTC)