Benvido(a) á Galipedia, Theodoxa!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de agosto de 2015 ás 16:20 (UTC)Responder

Cláusula editar

Boas Theodoxa, por favor, non sigas a poñer o termo filioque en maiúscula ata que estea cento por cento asegurado que é obrigatorio poñelo en maiúsculas. Na Galipedia se dous termos son correctos temos a norma de deixar a escolla do primeiro editor e penso que este é o caso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de agosto de 2015 ás 16:20 (UTC)Responder

Non é obrigatorio, pero é lóxico. Con todo, a súa solicitude, deixo o ilóxico. Estamos nós de acordo coas fontes que a palabra no texto do Credo en latín é "Filioque"? Theodoxa (conversa) 28 de agosto de 2015 ás 18:32 (UTC)Responder
Non vexo que sexa tan lóxico, pode mirar o comentario que deixou outro usuario na páxina de conversa dese artigo indicando que varios libros usan maiúsculas e minúsculas indistintamente para ese termo, incluso en libros de teoloxía. Sobre o texto en latín supoño que non haberá problema. Grazas polas súas achegas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2015 ás 00:44 (UTC)Responder
É certo que algúns libros usan "filioque". Eu estou de acordo. Tamén estou seguro de que concordas que non todo o que se atopa en libros é estrictamente lóxico. Con todo, a Wikipedia galega ten a liberdade de usar o que se atopa en tales fontes. Non teño obxección. Theodoxa (conversa) 29 de agosto de 2015 ás 08:51 (UTC)Responder

Boas Theodoxa, quedaron moi ben os cambios que fixeches co artigo, tan só un detalle, a frase "Alén de moitas "pombas" hai tamén - observa o bispo ortodoxo Kallistos (Timothy) Ware[11]. - os "falcóns", para os que o Filioque é unha herexía." non parece moi axeitada para unha enciclopedia, non? Eu penso que quedaría mellor redactándoa doutro xeito para que sexa máis neutral, ou senón cambiándoa pola cita orixinal da que procede. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2015 ás 12:33 (UTC)Responder

Acabo de engadir dúas fontes mais. Se outros pensan que o que un bispo e renomeado estudoso di é indigno dunha enciclopedia, son libres para cambialo. Eu non me opoño. Theodoxa (conversa) 31 de agosto de 2015 ás 15:47 (UTC)Responder
Non quería dicir iso..., o que quería dicir era simplemente que tal e como está redactada esa frase penso que a frase non é neutral, cousa que debe evitarse nos artigos da Wikipedia, e que para achegar ese contido de forma máis clara creo que o mellor sería poñer a cita orixinal. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2015 ás 20:35 (UTC)Responder
Por desgraza eu non podo identificar o problema. Hai a cita orixinal: as palabras exactas do bispo. E ademais unha ligazón a outro estudioso que relata a súa declaración que, entre os teólogos daquela igrexa, hai "pombas" e "falcóns" sobre a doutrina "Filioque". Non vexo falta de neutralidade nisto. É ata a corrixir o problema que eu non vexo. Theodoxa (conversa) 1 de setembro de 2015 ás 07:46 (UTC)Responder